Revista CERNA

Artigos de Flora e fauna de Galiza. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA

Fauna e flora

Xosé Salvadores e Marga Miguens

CERNA Nº 84 - Eólica mariña, unha alternativa?

Páx. 42-43

O gurgullo vermello e a herba acedeira son as protagonistas neste número.

As bestas e a planta xaboeira

Xosé Salvadores e Marga Miguens

CERNA Nº 83 - Electrointensivas con data de caducidade

Páx. 38-39

Fan un repaso pola figura dos besteiros, en perigo de extinción, e as bondades da planta xaboeira.

Ríos para a terra: Galiza, a terra de mil ríos

Antonio Sandoval

CERNA Nº 21 - -

Páx. 6-8

Análise en profundidade sobre os ríos de Galiza e a súa degradación e algúns dos seres vivos relacionados con este entorno, facendo especial fincapé en tres especies animais: a papuxa cabecineira, a lontra e o salmón.

O corvo mariño cristado

Amadeo A. Pombo Eirín

CERNA Nº 21 - -

Páx. 44-45

O corvo mariño cristado é unha especie de dieta fundamentalmente piscívora, polo que é consumado especialista nas artes natatorias e de zambullido. O seu vóo é un bater de ás moi rápido e ascendente, que fai sempre a rentes da auga e nunca sobre terra firme. Pasa a meirande parte da súa vida nos cantís costeiros, ámbito exclusivo da súa distribución. Neste artigo, afóndase nestes aspectos da súa bioloxía.

O funambulista do bosque

Pepe Salvadores

CERNA Nº 11 - -

Páx. 9-10

Artigo da sección de "A Nosa Fauna" adicado ó esquío, con debuxos, textos e fábulas relacionadas có animal.

Ericáceas galegas

Henrique Niño Ricoi

CERNA Nº 12-13 - -

Páx. 37-39

Moitas ericáceas son usadas como arbustos ornamentais, a máis importante delas posiblemente sexa Rhododendron, xénero non autóctono de Galicia pero que pode verse a miúdo cultivado en parques e xardíns. Erica e Calluna son outros xéneros que actualmente están adquirindo unha grande importancia en xardinería.As bagas dalgunhas das especies son comestibles e, por elo, se cultivan nalgunhas partes do mundo. Outras son tóxicas para o home e o gando. A madeira de outras aínda ten importancia en moitos países como combustible ou para ebanistería. En Galicia tivo eses usos no pasado.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal