Revista CERNA

Artigos de Flora e fauna de Galiza. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA

A víbora, perigosa pero non tanto …

Pepe Salvadores

CERNA Nº 56 - .

Páx. 42

A víbora ten moi mala sona na nosa terra, máis non son frecuentes os seus ataques, e coa actuación debida en ningún caso mortais, nin sequera deixan secuelas se acudimos pronto a un centro médico próximo. Son unha especie protexida, son asustadizas, non agresivas, e respectadas por todas as criaturas, menos algúns casos como o ourizo cacho, que non dubida en comelas se ten ocasión.

A estruga

Mª Xosé Castro

CERNA Nº 56 - .

Páx. 43

As estrugas son unha planta moi coñecida en Galiza, soe medrar en chans moi nitroxenados, por iso é frecuente preto de cortes. Esta herbácea ten numerosas propiedades medicinais como eliminar toxinas, aumentar os niveis de ferro ou para previr a calvicie ou a caspa, ademais do seu valor culinario, pero os picores que provoca ao rozamento fixéronlle coller mala fama entre as persoas locais e así considerala unha mala herba esquecendo as súas posibilidades.

O pícaro raposo

Pepe Salvadores

CERNA Nº 57 - Transporte: O tren de proximidade

Páx. 52

O raposo é o animal astuto por excelencia, diso temos boas mostras na tradición popular por medio de lendas, ditos e refráns. É un animal fermoso, esquivo, pequeno e moi intelixente, que acostuma valerse do seu enxeño para escapar dos seus depredadores ou facerse coas súas presas. Nas casas é coñecido como o ladrón das galiñas, e non é moito o aprecio que se lle profesa, porén sufriu cacerías masivas e o aproveitamento do seu fino pelaxe para o abrigo e o adorno. Aínda con todo isto, é o protagonista dos contos dos vellos e no noso interior, pode que inconscientemente, admiramos a en certo modo a este pícaro animaliño.

A xesta

Gema Pérez e María Xosé Castro

CERNA Nº 57 - Transporte: O tren de proximidade

Páx. 53

Se hai unha cor característica nos montes galegos na primavera, aparte, claro está, do verde das árbores, é o amarelo de toxos e xestas. Co nome de xesta coñécese a un gran número de arbustos da xénero Cutysus, con semellantes características. A xesta é todoterreo, ten múltiples usos e finalidades, e foi e é indispensable na vida do rural. Proba disto son as vasoiras -resistentes, ecolóxicas e reutilizábeis- o seu uso para as camas dos animais, e posterior abono, cestería, no proceso de obtención do liño e en moitas máis actividades. A xesta serve para todo.

A xoaniña

Pepe Salvadores

CERNA Nº 58 - Crónica: O incerto futuro de ENCE en Galiza

Páx. 38

A xoaniña é un dos poucos insectos que goza de cariño na nosa cultura, un dos motivos podería ser que come os pollos ou piollos, permitindo o bo desenvolvemento das plantas cultivadas, inda que tamén poderían ser outras razóns de tipo supersticioso ou pola súa fermosura.

A árnica

Mª Xosé Castro e Gemma Pérez

CERNA Nº 58 - Crónica: O incerto futuro de ENCE en Galiza

Páx. 39

Esta planta, que vive en ambientes húmidos con colos ácidos a máis de 800 metros de altura, ten numerosas propiedades curativas, por iso a súa explotación en moitas zonas de Europa levouna a reducir considerablemente a súa poboación, así en moitos países, non é o noso caso, está prohibida a súa recolección, inda que a demanda das industrias farmacéuticas segue a ser forte.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal