Revista CERNA

Artigos de Enerxía e cambio climático. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA

Balanço eléctrico na Galiza

Celestino Quintela

CERNA Nº 42 - -

Páx. 24-25

O pasado 15 de Junho, a economista Yolanda Zotes defendeu na Facultade de Económicas da USC umha interessante tese de licenciatura. Intitulada "Revisióm Crítica das Fontes Estatísticas do Sector Eléctrico, Ano 2000. O Balance Eléctrico de Galiza", nela revisarom-se os dados do sector eléctrico galego no ano 2000. As diferentes conclusons obtidas pola investigadora tenhem um grande interesse social e representam novos argumentos a favor dumha reformulaçom da política eléctrica no nosso país.

Aforro enerxético no día a día

Ramsés Pérez

CERNA Nº 44 - Ríos: non máis encoros

Páx. 36-37

Nos fogares, lugares de estudo, traballo ou lecer, e calquera espazo que habitamos, empregamos enerxía sen reparar nela a maior parte das veces - ate que nos falta - sendo o seu uso pouco eficiente. Demandar unha produción eficiente, conter o gasto excesivo e un consumo responsábel serán algunhas cuestións a tratar neste artigo.

Protocolo de Quioto

Daniel López Vispo

CERNA Nº 46 - Especial: A pegada ecolóxica de Galiza

Páx. 20

En Decembro de 1997 asinábase o chamado protocolo de Quioto no que os países industrializados se comprometían a reducir, durante o período 2008-2012, as emisións de gases de efecto invernadoiro 1 nun 5,2% por debaixo do nivel alcanzado en 1990. Coa ratificación en Novembro de 2004 do Protocolo por parte de Rusia, este entra en vigor 90 días despois, en Febreiro de 2005. Observando o panorama actual, cunhas taxas moi superiores de contaminación esperadas, cómpre dar resposta á necesidade de xerar obxectivos drásticos e urxentes. Presionar á administración e á opinión pública.

Nucleares e Quioto

Daniel Bispo, Fins Eirexas

CERNA Nº 48 - Touriñán

Páx. 37-38

O debate sobre a enerxía nuclear xira, como antano, arredor dos riscos para a poboación e o impacto ambiental que estas instalacións ocasionan, ademais da súa pouco clara economía e de contar con problemas irresolúbeis, como o dos residuos radiactivos. Porén, o debate dáse agora nun novo esce nario, marcado polas alarmantes consecuencias do cambio climático. Considerado por algúns como unha inestimábel axuda ao repuntamento nuclear, para outros, o debate da cuestión enerxética debe ser máis amplo e debe tomar en consideración enerxías como a eólica ou a solar. hoxe ca cunha viabilidade constrastada, así como o potencial para o aforro e a eficiencia enerxética.

Planificación eólica sustentábel

Fins Eirexas

CERNA Nº 48 - Touriñán

Páx. 39

ADEGA é partidaria do aumento da participación da enerxía eólica na produción enerxética, sempre no marco dunha política enerxética sustentábel e equitativa que priorice o aforro, a suficiencia e a eficiencia enerxéticas. As renovábeis deben substituír progresivamente a aqueloutras fontes que consumen recursos finitos e son máis contaminantes.Porén, no actual contexto non podemos apoiar o Plano Eólico de Galiza en vigor. O goberno anterior obrou o prodixio de converter unha enerxía de baixo impacto ambiental nun factor importante de deterioración dos espazos naturais máis valiosos da nosa terra, como teñen constatado a inmensa maioría dos estudosos da nosa natureza.

Refrixeración ecolóxica baixo presión

Juan Manuel Bermúdez e Socorro Castro

CERNA Nº 80 - Custodia: Sobreiral do Arnego

Páx. 35-38

En plena crise de quecemento global, sentimos a presión para afrontar un novo desafío tecnolóxico para combater as altas temperaturas. O aumento demográfico, especialmente nas zonas cálidas, así como un maior poder adquisitivo, supuxo un aumento no consumo de equi¬pamentos de refrixeración. Hoxe en día, estes sistemas son un foco importante de emisións de gases de efecto invernadoiro. Para com¬bater este escenario distópico é necesario achegar o problema á sociedade e buscar novas alternativas que poden atopar a súa orixe en Galicia. A Universidade da Coruña (UDC) está a acadar grandes logros na procura dun sistema de refrixeración ecolóxica e baixo presión.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal