Revista CERNA

Artigos de Enerxía e cambio climático. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA

O sector eléctrico español e a súa influencia na factura da luz

Adrián Dios Vicente

CERNA Nº 80 - Custodia: Sobreiral do Arnego

Páx. 39-41

A análise do sector eléctrico amósase fundamental pola súa importancia na política económica xeral, polo impacto sobre a cidadanía a tra¬vés da factura da luz e tamén su polo impacto medioambiental. Así, avaliarase a tradicional relación entre o sector privado e as institucións públicas, tendo en conta o actual funcionamento do mercado eléctrico e os problemas para a súa regulación. Do mesmo xeito, intentarase centrar a visión do sector desde Galiza, desde unha situación periférica en termos enerxéticos pero con importantes potencialidades en diversos eixos.

Cambio climático: como desenvolvernos sen crecemento económico?

Emilio Fernández Suárez, por Cerna/Redacción

CERNA Nº 79 - Leirón Cinsento

Páx. 30-32

O Cambio Climático é probabelmente o maior problema ao que se enfronta a Humanidade, a nosa especie; porén, unha grande parte da poboación mundial aínda descoñece as súas causas e consecuencias. O pasado 6 de marzo, o Catedrático en Ecoloxía da Universidade de Vigo, Emilio Fernández Suárez acudía ao centro universitario de Riazor da Coruña, convidado pola Oficina de Medio ambiente da Universidade (OMA), coa coloboración da Fundación Alcoa, para explicar de xeito ameno e sinxelo os retos aos que nos enfronta este fenómenode grande complexidade. A continuación, facemos un resumo do seu relatorio, titulado “Cambio Climático: un desafío global e local”.

Autoconsumo enerxético en Galiza: A oportunidade que nos brinda o sol

Óscar Nogueira

CERNA Nº 78 - ILP: Unha nova lei forestal

Páx. 38-40

É evidente que o planeta está a sufrir as consecuencias do cambio climático moito máis rápido do previsto, polo que é esencial que comecemos a traballar coa Natureza en vez de en contra dela para abordar unha grande variedade de ameazas ambientais ás que nos enfrontamos. Para poder loitar contra o quecemento do planeta é imprescindible trocar de modelo enerxético, abandonar a enerxía nuclear e os combustibles fósiles ata conseguir un mix cento por cento renovable, algo que xa forma parte da folla de ruta de todos os países deEuropa nos que a aposta polas enerxías renovables está relacionada cunha baixada no prezo da electricidade, coa excepción de España. Galicia non pode deixar escapar esta oportunidade.

OS NOSOS ESPAZOS: Atentados ecolóxicos: un panorama diario

Anxo Moure e Ramón Varela Díaz

CERNA Nº 3 - -

Páx. 16-18

O val glaciar do Censa e o Pico Sacro, dous reductos de incalculable valor histórico, cultural e biolóxico están a ser obxecto de sendos atentados ecolóxicos, unha vez máis, debido ó sector industrial extractivista.

Nosa Enxerxía SCG, no camiño do novo modelo enerxético

Pablo Álvarez

CERNA Nº 76 - Espectáculos con animais

Páx. 42-43

O proxecto da cooperativa enerxética Nosa Enerxía S.C.G. segue percorrendo o camiño para acadar un cambio de modelo enerxético e democratizar o acceso á enerxía renovábel e a unha economía verde. A día de hoxe, a cooperativa xa conta con máis de 225 persoas socias e copropietarias da súa propia compañía enerxética. Como entidade comercializadora de enerxía eléctrica supera os 160 contratos no noso país.

Cumio de París: cinismo e mercado

Ramón Varela Díaz

CERNA Nº 75 - E despois do Cumio de París, que?

Páx. 5-7

O Cumio do Clima ocultou que son só 10 os países que emiten o 72% dos gases de efecto invernadoiro (GEI) e que só China emite o 25% do total. Moitos gobernos mantiveron unha postura cínica ao seguir a favorecer os intereses da explotación de areas e lousas bituminosas, dar subvencións multimillonarias á enerxía de combustíbeis fósiles (510.000 millóns de dólares en 2014), e salvagardar os intereses privados ligados aos fondos de inversión. Os obxectivos de redución de emisións presentados en París elevarían a temperatura media en tres ou catro graos, mentres afirman que o incremento se mantería por debaixo dos dous graos. E cal é o papel de Galiza? Emitimos case o 9% dos GEI de todo o Estado español, debido principalmenteás centrais térmicas, refinería, plantas de aluminio e ferroaliaxes.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal