Revista CERNA

Artigos de Contaminación. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA

Contaminación Lumínica

Fins Iglesias Santamaría

CERNA Nº 29 - -

Páx. 12-13

A contaminación luminosa é un novo xeito de polución na sociedade de consumo. Para un grande número de habitantes residentes en núcleos urbanos é case imposible a contemplación do ceo estrelado por mor da contaminación lumínica que se produce nas vilas e cidades.

Evolución da choiva ácida en Galicia e en Europa

Ramón Varela Díaz

CERNA Nº 32 - -

Páx. 9-10

Para Galiza, a redución das emisións da chúvia ácida non é un problema técnico senon político, como pon de manifesto o comportamento desigual das empresas eléctricas: xa na década dos 90 Endesa reduciu as emisións nin 95% na súa central térmica de Andorra (en Teruel, queimando tamén lignito), mentres que na central térmica das Pontes só reduciu o 37%, o mínimo que esixía a CE. Así, no ano 2001, Galiza superará as emisións de SO2 de sete países da CE: Bélxica, Dinamarca, Grecia, Irlanda, Luxemburgo, Holanda e Portugal; e no 2010 superaremos as de nove países.

A loita contra os contaminante químicos intensifica-se en Europa

Manuel Soto Castiñeiras

CERNA Nº 33 - -

Páx. 12-13

Co obxectivo da erradicación dos chamados compostos orgánicos persistentes (COPs) e dos metais mais tóxicos, nos últimos dous anos están-se a desenvolver campañas conxuntas de diferentes federacións ecoloxistas europeas, como a Oficiana Europea do Ambiente (OEMA) da que forma parte ADEGA. Os COPs son contaminantes tóxicos e perigosos, entre os que se achan resíduos como as dioxinas e os furanos, os policlorobifenilos (PCBs), os hidrocarburos poliaromáticos (HPA), ou productos químicos manufacturados como muitos pesticidas clorados. Estas campañas van ser decisivas, xa que estamos nun momento no que diversos textos legais e convénios internacionais precen a erradicación progresiva dalgúns destes contaminantes, pero no que tamén os sectores industriais interesados, sexa a indústria dos pesticidas ou as empresas incineradoras entre outros, están a presionar fortemente para retardar a súa aplicación. Falamos do Convénio de Estocolmo para a erradicación dos COPs, asinado o 23 de Maio de 2001 por mais dun cento de países, e tamén polo estado español, ou da lista de contaminante prioritários da auga, acordada pola Unión Europea o 9 de Xuño deste mesmo ano.

Incineración de pneumáticos e fariñas en Oural

Daniel López Vispo

CERNA Nº 33 - -

Páx. 14-15

Desde hai meses e a raíz dunha charla na que participou ADEGA, os veciños do Oural e sindicatos da fábrica de cemento véñense reunindo e manifestando para exixir da empresa, de Meio Ambiente e máis do Concello de Sárria a paralización do proxecto de queimar pneumáticos e fariñas nos fornos da fábrica. O proxecto proponmse neste momento queimar unhas 4500 T/ano de pneumáticos, pero que mañán podería queimar fariñas ou calquer outro resíduo. Trátase dun problema de salubridade que nos afecta a todos e a todas, moito máis aló da veciñanza ou da relación laboral que poideramos ter coa fábrica do Oural.

SOGAMA: contaminación oficial

ADEGA - Cerceda

CERNA Nº 33 - -

Páx. 16-17

Nos pasados meses de Maio e Xullo, o río Lengüelle volveu a ser víctima do continuo vertido do basureiro que Sogama ten na Areosa, no Concello de Cerceda. As troitas que poboaban o río foron asasinadas polos lixiviados do vertedoiro co consentimento de Augas de Galicia, que recentemente autorizou o vertido. Nunha paisaxe desoladora provocada pola política antimedioambiental da Xunta, o pobo de Cerceda e comarca vive día tras día as graves consecuencias da instalación dunha incineradora de lixo e dun vertedoiro ó que chega o lixo de case toda Galiza. Os cheiros nas proximidades do complexo incinerador comezan a ser motivo de reiteradas denuncias veciñais.

O Benzo[a]Pireno:un contaminante canceríxeno no aceite

Uxio Uriarte Villares

CERNA Nº 33 - -

Páx. 18

O benzo[a]pireno (BaP) é o compoñente máis representativo dos hidrocarburos policíclicos aromáticos (PAHs) e un dos máis tóxicos e perigosos. Os PAHs son moléculas con presencia no medio natural, en xeral en baixa concentración e con unha amplia distribución, pero que experimentaron un gran aumento na sociedade industrializada. As primeiras referencias sobres os PAH datan de 1775, cando se responsabiliza a estes contaminantes dos altos índices de problemas na pel, de vías respiratorias e de vías dixestivas, que posteriormente se relacionaron con cánceres, e que aparecían nos traballadores do carbón derivados, pero non se topou evidencia carcinóxena dos mesmos ata os 30 do pasado século.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal