Cerna, revista galega de ecoloxía e medio ambiente de ADEGA, Asociación para a defensa ecolóxica de Galicia. Democrática, independente e sen ánimo de lucro, traballa en defensa do medio ambiente galego e global do que depende a nosa calidade de vida dende hai máis de 25 anos. " /> Cerna, revista galega de ecoloxía e medio ambiente de ADEGA, Asociación para a defensa ecolóxica de Galicia. Democrática, independente e sen ánimo de lucro, traballa en defensa do medio ambiente galego e global do que depende a nosa calidade de vida dende hai máis de 25 anos. " />

Artigos de Auga e ríos. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA.

Depuración natural de augas residuais

Manuel Soto, Pilar Barros, Virxínia Rodríguez

CERNA Nº 48 - Touriñán

Páx. 12-16

Galiza sofre un considerábel atraso en tratamento de augas residuais. Contamos cun gran número de Estacións Depuradoras de Augas Residuais (EDAR), mais un gran número das mesmas non funciona dun xeito adecuado ou teñen unha capacidade insuficiente. Todo isto da lugar a que a porcentaxe de residuos e vertidos sen depurar ou cunha depuración deficiente sexa moi elevada. Así, cada día aumenta a contaminación nos nosos ríos e mares, afirmando o feito de que o modelo actual non é sustentábel, desde as dúas perspectivas: ambiental e económica. Polo que é necesario promover sistemas máis sinxelos, naturais e de baixo custe.

Unha nova agresión no río Umia

Virginia Rodríguez, Ramsés Pérez

CERNA Nº 49 - Especial: xestión do lixo

Páx. 7-8

O vertido tóxico da empresa Brenntag (08/09/06) ocasionou unha catástrofe ambiental no Umia. Durante dez días, o río tornou completamente azul. Máis tarde, viraría completamente verde, augas arriba, á raíz do estancamento da auga e os efectos dos numerosos vertidos sen depurar que o río sofre a diario.

Nova lei para os ríos galegos

Belén Rodríguez

CERNA Nº 49 - Especial: xestión do lixo

Páx. 34-35

O pasado 20 de Xuño, o Parlamento de Galiza aprobou por unanimidade o texto definitivo da "Iniciativa Lexislativa Popular para a protección, a conservación e a mellora dos ríos galegos", despois de ser tomada en consideración pola Cámara o 21 de Febreiro deste ano grazas aos votos á favor do BNG e PSOE. O PP, que nun principo se amosou remiso a apoiar esta proposición de lei, acabou por aceptala tras algunha modificación do texto orixinal. A ILP dos ríos convértese así na primeira proposición de lei de vontade popular e de carácter ambiental que se aproba en toda a historia parlamentaria de Galiza. Coa súa participación no DOG nº 137, entrou en vigor coma "Lei 5/2006, do 30 de Xuño, para a protección, a conservación e a mellora dos ríos galegos".

Interríos -Galiza 2006

Virginia Rodríguez

CERNA Nº 49 - Especial: xestión do lixo

Páx. 36-37

Entre o 14 e o 23 de Xullo tivo lugar o I Encontro Itinerante Interríos - Galiza 2006, organizado polo proxecto Ríos de ADEGA. Durante 9 días persoas de Galiza e Portugal percorremos o país, coñecendo algúns dos máis importantes ecosistemas fluviais galegos e facendo diversas actividades (coma roteiros, rafting, piragua, etc.) arredor deles.

Potencial para o aforro de auga na vivenda

Manuel Soto

CERNA Nº 79 - Leirón Cinsento

Realizar unha auditoría da auga no fogar é unha actividade moi recomendábel para descubrir numerosas oportunidades de aforro da auga e achegar o noso grao de area á protección da natureza e tamén a un estilo de vida máis sustentábel. Neste traballo presentamos algúns dos resultados acadados nun elevado número de auditorías realizadas en diversas materias da Universidade da Coruña. A nivel social, o programa Fogares Verdes que combina a concienciación e o aforro de auga e enerxía, xunto coa prevención da xeración de residuos e a recollida separada, deberían ser unha prioridade.

Avaliación dos riscos penais para a auga: o proxecto WATER CRIMES

Luz María Puente Aba e Eva María Souto García

CERNA Nº 77 - Abonda xa de eucalipto!

Páx. 44-47

O proxecto “Water Crimes”, financiado pola Comisión Europea, ten como finalidade avaliar os riscos penais para a auga. Neste artigorevísanse os principais tipos de perigo para a auga destinada ao consumo humano (auga doce e potable) identificados na investigación eque poden ser constitutivos de delito. Entre eles temos a contaminación e o envelenamento, a subtracción, a fraude, ou a corrupción.Finalmente, preséntanse propostas de solución para unha mellor prevención e persecución dos crimes a nivel europeo.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal