Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 28 - -

Inverno 1999

CERNA Nº 28 - -

Artigos da revista CERNA Nº 28

Roteiro: A rota do Azúmara

Lois Diéguez

Páx. 14-15

Os camiñantes preparan-se para o longo paseo que comeza no castro de Viladonga, un dos máis importantes de Galiza, moi ben conservado, da época tardorromana. Así comeza o texto que nos atravesa a rota do Azúmara.

Educación Ambiental: Estratéxia Galega de Educación Ambiental

Esther Rodríguez e Manuel Soto

Páx. 16-17

A conselleria de Meio Ambiente está a elaborar diversas estratéxias relacionadas con temas ambientais (educación ambiental, biodiversidade, resíduos...). Esres documentos, sen valor normativo, teñen por finalidade fixar os obxectivos a acadar en cada eido e promover a participación e o compromiso dos diferentes axentes e sectores sociais implicados.

Transportes na Galiza: precisamos o AVE?

Manuel Soto Castiñeira

Páx. 18-21

O artigo cuestiona se o servizo ferroviario de alta velocidade é necesario ou non para Galicia, presentando o problema do subministro de enerxía, o impacto ambiental do AVE, datos sobre a mobilidade total en termos de estrada, ferrocarril e avión, comparando o tren convencional e AVE, analizando a situación actual da vía do ferrocarril e un balance ecolóxico do transporte universitario nos campus de Elviña e Zapateira (A Coruña).

Situación Actual do Ferrocarril

Ramón Varela

Páx. 21

Unha análise da situación actual do Ferrocarril en Galicia.

O balanzo económico e social do sistema de transporte: as contas ecolóxicas

Fernando Nebot

Páx. 22-25

Moitas veces ouvimos dicir ou dicimos nós mesmos "que cara está a gasolina", "hai que ver cantos impostos pagamos cando mercamos un automóbil" e se apuramos máis moitas veces pensamos que isto é moi inxusto. Este foi o posicionamento do Real Automóbil Club de España nunha ampla campaña na que reivindicaba a construcción de máis infraestructuras e a inversión de máis diñeiro público no desenvolvemento do transporte por estrada. A proposta entón deste artigo é comprobar se era certa esta formulación ou se era sesgada en orixe, tendenciosa, que o que pretendía era reclamar unhas inversións ás que "non tiña dereito".

Os mamíferos nas fragas do Mandeo

Grupo de estudiantes de bioloxía da Universidade da Coruña da Promoción 93-97.

Páx. 26-28

A seguinte reportaxe constitúe a primeira publicación dun proxecto iniciado en 1997 por un grupo dos entonces estudiantes do último ano de bioloxía na Universidade da Coruña. O seu interese polo meio ambiente, engadido a un ambiente de compañeirismo e amizade, así como a relación de camaradería con moitos dos profesores fixo realidade unha idea que aínda non se sabe ben como xurdiu: tentar facer un proxecto común de fin de carreira, multidisciplinar - segundo as afeccións de cada un-nunha área na que todos disfrutamos horas inesquecibles de "ciencia" e lecer. O couto de Chelo.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal