Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 33 - -

Outono 2001

CERNA Nº 33 - -

Artigos da revista CERNA Nº 33

Balance ambiental dunha lexislatura

Manuel Soto e Xosé Veiras

Páx. 7-9

Unha avaliación da xestión ambiental da Xunta durante estes catro anos supón avaliar o traballo da Conselleria Meio Ambiente, a principal novidade do anterior proceso electoral. O nomeamento do seu titular, Carlos del Álamo, foi recibido con manifesto escepticismo polos colectivos de defensa ambiental, pois eran coñecedores das suas ideas sobre a problemática da eucaliptización e os incéndios forestais, ao ser del Álamo o responsábel do Planb Forestal de 1992, ou sobre a xestión da caza e a pesca. A política clientilista própia dos governos Fraga iría dominando as relacións entre a nova Consellería e o movimento ecoloxista, e é medida que se confirmaron as actuacións máis degradantes para o ambiente, foi medrando a fenda entre aquela a imensa maioría do movimento ecoloxista.

A subasta da nosa natureza

Xosé Benito Reza

Páx. 10-11

A avaliación do impacto ambiental é, hoxe por hoxe, o mellor instrumento para asegurar a compatibilidade dos proxectos. Todos, ou "case todos" desexemos encarecidamente, que se racionalice a esperpéntica subasta que se está a facer dos nosos ríos, das nosas paisaxes, dos nosos recursos; que se comecen a cumprir eficazmente, sen máis demora, as medidas propostas nos dictames ambientais con tódolas súas consecuencias.

A loita contra os contaminante químicos intensifica-se en Europa

Manuel Soto Castiñeiras

Páx. 12-13

Co obxectivo da erradicación dos chamados compostos orgánicos persistentes (COPs) e dos metais mais tóxicos, nos últimos dous anos están-se a desenvolver campañas conxuntas de diferentes federacións ecoloxistas europeas, como a Oficiana Europea do Ambiente (OEMA) da que forma parte ADEGA. Os COPs son contaminantes tóxicos e perigosos, entre os que se achan resíduos como as dioxinas e os furanos, os policlorobifenilos (PCBs), os hidrocarburos poliaromáticos (HPA), ou productos químicos manufacturados como muitos pesticidas clorados. Estas campañas van ser decisivas, xa que estamos nun momento no que diversos textos legais e convénios internacionais precen a erradicación progresiva dalgúns destes contaminantes, pero no que tamén os sectores industriais interesados, sexa a indústria dos pesticidas ou as empresas incineradoras entre outros, están a presionar fortemente para retardar a súa aplicación. Falamos do Convénio de Estocolmo para a erradicación dos COPs, asinado o 23 de Maio de 2001 por mais dun cento de países, e tamén polo estado español, ou da lista de contaminante prioritários da auga, acordada pola Unión Europea o 9 de Xuño deste mesmo ano.

Incineración de pneumáticos e fariñas en Oural

Daniel López Vispo

Páx. 14-15

Desde hai meses e a raíz dunha charla na que participou ADEGA, os veciños do Oural e sindicatos da fábrica de cemento véñense reunindo e manifestando para exixir da empresa, de Meio Ambiente e máis do Concello de Sárria a paralización do proxecto de queimar pneumáticos e fariñas nos fornos da fábrica. O proxecto proponmse neste momento queimar unhas 4500 T/ano de pneumáticos, pero que mañán podería queimar fariñas ou calquer outro resíduo. Trátase dun problema de salubridade que nos afecta a todos e a todas, moito máis aló da veciñanza ou da relación laboral que poideramos ter coa fábrica do Oural.

SOGAMA: contaminación oficial

ADEGA - Cerceda

Páx. 16-17

Nos pasados meses de Maio e Xullo, o río Lengüelle volveu a ser víctima do continuo vertido do basureiro que Sogama ten na Areosa, no Concello de Cerceda. As troitas que poboaban o río foron asasinadas polos lixiviados do vertedoiro co consentimento de Augas de Galicia, que recentemente autorizou o vertido. Nunha paisaxe desoladora provocada pola política antimedioambiental da Xunta, o pobo de Cerceda e comarca vive día tras día as graves consecuencias da instalación dunha incineradora de lixo e dun vertedoiro ó que chega o lixo de case toda Galiza. Os cheiros nas proximidades do complexo incinerador comezan a ser motivo de reiteradas denuncias veciñais.

O Benzo[a]Pireno:un contaminante canceríxeno no aceite

Uxio Uriarte Villares

Páx. 18

O benzo[a]pireno (BaP) é o compoñente máis representativo dos hidrocarburos policíclicos aromáticos (PAHs) e un dos máis tóxicos e perigosos. Os PAHs son moléculas con presencia no medio natural, en xeral en baixa concentración e con unha amplia distribución, pero que experimentaron un gran aumento na sociedade industrializada. As primeiras referencias sobres os PAH datan de 1775, cando se responsabiliza a estes contaminantes dos altos índices de problemas na pel, de vías respiratorias e de vías dixestivas, que posteriormente se relacionaron con cánceres, e que aparecían nos traballadores do carbón derivados, pero non se topou evidencia carcinóxena dos mesmos ata os 30 do pasado século.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal