Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 40 - Especies...

CERNA Nº 40 - Especies invasoras

Artigos da revista CERNA Nº 40

Constitución europea

Xosé María García Villaverde

Páx. 10

Desde o pasado mes de Outubro, os Estados membro da UE e os países de próxima incorporación están á negociar, sobre o borrador aprobado pola Convención Europea, a futura constitución da UE, que será sometida á referendum en Xuño de 2004. As Green 8, as oito grandes organizacións ambientais europeas, presentaron en Agosto o documento que, co título Cara unha Constitución Verde da UE, recolle as súas propostas de emendas ao borrador de Carta Magna. A versión en galego pódese ler en www.adegagaliza.org.

A entrada de Santiago en SOGAMA

Xan Duro

Páx. 11-12

Lamentablemente, o Concello de Santiago aprobou o pasado 13 de Novembro, nun Pleno Urxente Extraordinario e cos votos a favor do PSOE e o PP e a oposición do BNG, a concesión de SOGAMA da xestión dos residuos sólidos urbanos (RSU) do Concello para os próximos 15 anos.

Entrevista a Marta Domínguez: Uso do compost nos solos galegos

CERNA / MSC

Páx. 13-15

Marta Domínguez defendeu o pasado Setembro a súa tese de doutoramento, titulada "Avaliación do compost como emenda orgánica de solos de cultivo de Galicia" e dirixida pola profesora María Teresa Barral e o catedrático Franscisco Díaz-Fierros. Os beneficios agro-ambientais do compost derívanse tanto da relativa carencia de materia orgánica nos solos galegos como do seu poder fertilizante, ao tempo que a recollida selectiva da fracción orgánica do lixo, amósase suficiente para limitar a presencia de contaminantes no mesmo. Con esta investigación facilítase a comercialziación do compost e ponse de manifesto a necesidade de analíticas químicas antes do seu uso, e se avance na implementación de residuos orgánicos e de fertilización agraria, e ofrecen argumentos ás entidades públicas e privadas que obran pola reciclaxe da materia orgánica.

Consumo responsábel no Nadal

Ramsés Pérez

Páx. 16-17

Os cambios inducidos polo capital máis devorador, deron lugar á conversión dunhas festas tradicionais imperadas pola austeridade á máxima expresión dunha sociedade opulenta, despilfarradora e pouco solidaria. Ao tempo, que se xeran unha gran cantidade de refugallos por mor do gran número de agasallos, paqueterías, abundancia alimenticia transformada en copiosos menús, etc. Neste senso, promovemos e procuramos formas de facerlle fronte ás festividades capitalizadas.

Mercar produtos ecolóxicos na Coruña

ADEGA-Coruña

Páx. 18-19

Optar por un consumo responsábel co medio ambiente choca coa dificultade de atopar produtos ecolóxicos, fabricados de xeito que impacten o mínimo posíbel sobre o medio natural. Desde ADEGA -Coruña, fixemos unha reportaxe das tendas existentes e produtos deste tipo ofertados, sempre dentro do ámbito xeográfico da nosa cidade.

Entrevista a Francisco Carracedo: O medio ambiente no concello de Ames

CERNA

Páx. 20-21

Despois do proceso electoral do pasado Maio, novas persoas se puxeron ao cargo da xestión ambiental dalgúns concellos, e con elas aparecen no horizonte novos programas de actuación e posibilidades de avanzar na xestión ambiental, afianzando unha vía que nalgúns casos xa se iniciara tras os comicios de 1999. Este é o caso do Concello de Ames, onde un pacto de goberno entre o PSOE e o BNG provocou un cambio radical nas políticas que se viñan aplicando. Ao frente da concellería de Medio Ambiente está Francisco Carracedo Doce, con quen CERNA mantivo esta conversa.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal