Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 66 - Espazos...

Inverno 2012

CERNA Nº 66 - Espazos protexidos, baixo mínimos

Artigos da revista CERNA Nº 66

O Moucho: ave do ano en Galiza 2011

Cosme Damián Romay, Óscar Martínez e Santiago Vázquez

Páx. 32-33

O moucho Athene noctua (Linnaeus, 1758) é un pequeno estríxido (Aves: Strigidae) repartido polo centro e sur de Europa, norte de África, Oriente Próximo e sur de Asia. Residente, resulta común na súa extensa area de distribución (Del Hoyo el al., 1999). Repartido por toda a Península Ibérica, falta só de zonas moi montañosas e grandes áreas boscosas. De modo crecente, falta tamén de amplas áreas de Galiza e do Cantábrico, e é escaso nas Baleares (Blas et Muñoz, 2003). A súa población mínima para o período 1998 – 2002 foi case de 40.000 parellas en España, cunha estima previa de 50.000 a 65.000 parellas entre 1975 e 1995 (Purroy, 1997; Blas et Muñoz, 2003).

Árbores e formacións senlleiras do país

J. Gaspar Bernárdez e Antonio Rigueiro

Páx. 34-35

Aínda que hai que remontarse a 1984 para o primeiro “Inventario de árbores sobresalientes de Galicia”, encargado pola Dirección Xeral do Forestal e do Medio Ambiente Natural da Xunta a unha consultoría madrileña, non sería até 2007 cando se realiza o “Catálogo Galego de Árbores e Formación Senlleiras”, no que se recollen 106 árbores e 21 formación senlleiras e publicado pola Xunta de Galicia nun Anexo do Decreto 67/ 2007publicado no DOG O 22 de marzo de 2007.

Grandes industrias contaminantes da atmósfera en Galiza

Ramón Varela Días

Páx. 36-37

A finais de Novembro de 2011, o “Rexistro Estatal de Emisións e Fontes Contaminantes” (PRTR – España) fixo públicos os datos correspondentes ao ano 2010. A situación no noso país segue sendo mala e non mellorou co paso do tempo. NO PRTR – España rexistráronse en Galiza 26 actividades contaminantes das que 22 contaminan a atmósfera, 10 contaminan a atmósfera e a agua e 4 contaminan so a auga.

O Proxecto FIARE: Expectativas da Banca Ética en Galiza

Raúl Asegurado Pérez

Páx. 38-39

Na Banca Ética (BE) enmárcanse os proxectos de intermediación financeira que ofertan os servizos bancarios habituais a persoas e organizacións que queren atender ás consecuencias sociais da actividade de crédito que se desenvolve co seu diñeiro, e que reclaman que dita actividade se oriente exclusivamente a aqueles proxectos que contribúan a rexeneración das nosas sociedad, é dicir, ir moito máis alá de “non invertir en industria militar, en iniciativas denigrantes coa biosfera, etc. Os principios inspiradores de FIARE baséanse por tanto nestes piares e a súa incidencia pretende dar resposta a tres problemas: a capacidade, a lexitimidade e a viabilidade.

A nova lei de Montes de Galiza

Xabier Bruña

Páx. 40-41

Coa nova lei de montes do PP, o futuro pasa por: máis terra para a especulación, máis monocultivo, menos terreo agrícola e menos protección contra o lume. No seu traballo a prol do territorio e na defensa da terra, ADEGA presentou, conxuntamente coa Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM), 105 achegas ao borrador da lei de montes de Galiza (entre modificacións, eliminacións e novos artigos), no ánimo de mellorar o documento final e que a perspectiva ambiental se tivese en conta nunha norma de vital importancia para o noso rural e en definitiva para a nosa sociedade.

O medio rural e o monte veciñal sen futuro

Xosé Alfredo Pereira

Páx. 42

Co actual borrador da Lei de Montes de Galiza, un monte veciñal, multifuncional e sustentábel non é posíbel, porque aposta so por un monte forestalista case en réxime de monocultivo (especies de crecemento rápido e cultivos enerxéticos). O contido do borrador aprobado, aínda que sen votación, no Consello Forestal do pasado mes de novembro, e que contou co posicionamento en contra do SLG, Amigos da Terra e da ORGACCMM, vai significar co medio rural no terá futuro, se non se modifica substancialmente.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal