Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 61 - Lei do solo:...

Primavera 2010

CERNA Nº 61 - Lei do solo: Legalizar a especulación

Artigos da revista CERNA Nº 61

Recursos 61

Ramsés Pérez

Páx. 8

Se estás interesad@ en que divulguemos na revista galega de ecoloxía e medio ambienteCerna algún libro, CD, revista, película, documental, etc., ponte en contacto con nós no seguinteenderezo electrónico: ramses@adega.gal, indicando ‘Recursos Cerna’. Consulta as nosas recomendacións desta edición.

20 anos da federación ecoloxista galega (FEG). Temos raíces

Anxo Moure, Tino Quintela e Camilo Ojea (membros da FEG)

Páx. 10 - 11

Na Asemblea do 20 aniversario da FEG, celebrada os pasados 27 e 28 de marzo, presentouse o proxecto Temos Raíces!, unha proposta que pretende recoñecer o traballo realizado pola nosa federación e todos os grupos que a conformaron ao longo da súa historia,investigando, recollendo e poñendo en valor todas aquelas iniciativas, materiais, documentos, recursos de diverso tipo que foron promovidos e creados no noso camiñar. Os autores coordinaron as actividades de presentación deste proxecto, co afán de resumir un sentimento compartido.

Modificación da lei de solo. A entrega oficial do territorio á especulación

Daniel López Vispo

Páx. 12 - 13

O pasado 23 de Marzo, tras un trámite parlamentar inexplicabelmente acelerado, quedaba aprobada, cos únicos votos en contra do BNG e coa abstención do PSOE decidida a última hora, unha nova modificación da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galiza, que entrou en vigor o 21 de abril. Con ela, e coa perda da funcionalidade da Axencia galega para a protección da legalidade urbanística, a equipa do Sr. Feijóo suma un éxito máis na súa política de recuperar rede clientelar a conta dos recursos do país desmantelando para iso todo o bo que tiña iniciado o bipartito, como os avances cara unhas Directrices de Ordenación do Territorio (DOT), que servisen de base para o desenvolvemento de calquera outra política.

Barreiros, á “costa” de todos

Froilán Pallín Seco

Páx. 14

Dos 78 concellos costeiros galegos só 4 teñen planeamento urbanístico adaptado á Lei do Solo do 2002, e Barreiros non é un deles. Réxese polas Normas Subsidiarias de 1994, que non establecen distinción entre solo urbano consolidado e non consolidado, favorecendo un modelo de urbanismo que se limita a erguer vivendas en todas as parcelas, sen ter en conta a cualificación do solo nin os servizos dos que está dotado. Este modelo practicouse con intensidade en Barreiros, ante a permisividade da administración autonómica, ata o punto de que só durante o ano 2006 o Colexio de Arquitectos de Lugo chegou a visar proxectos de edificación para máis de 6.500 novas vivendas, cando a poboación de Barreiros rolda os 3.500 habitantes. Agora o alcalde de Barreiros enfróntase á denuncia do Fiscal e a decenas de contenciosos - administrativos interpostos polo anterior goberno e que a actual Xunta estuda retirar, feito que de confirmarse constituiría unha escandalosa arbitrariedade e trato desigual para coa cidadanía e os promotores que cumpriron coa legalidade.

O plan sectorial de ordenación do litoral, unha aproximación ambiental

Daniel López Vispo

Páx. 15

En Galiza xa tivemos varias leis de costas que non se respectaron, sobre as que a especulación industrial e urbanística estivo por enriba, é por iso que os ecoloxistas non confiamos nas novas Directrices de Ordenación do Territorio nin no posterior Plan Sectorial de Ordenación do Litoral que comezou a súa redacción con tres anos de retraso. Inda así, dende o eido ecoloxista que facer un grande esforzo de análise no período de consulta pública; e desde a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas haberá que mostrar disposición ao diálogo para poder facer deste planeamento un rigoroso marco legal desde o que ordenar o noso litoral dunha forma racional e sen ceder as presións especulativas.

A acuicultura mariña en Galiza, exemplo do que non se debe facer

Martiño-Fiz López Lindoso

Páx. 16

A acuicultura viuse como unha solución potencial a escaseza de alimentos no mundo, máis lonxe de combater este problema, as empresas so buscan o enriquecemento sen ter en conta os impactos ambientais que supoñen estas industrias no litoral. Ao mesmo tempo o goberno so viu intereses económicos, polo que sempre estivo a disposición destas empresas favorecendo os seus intereses rebaixando os requisitos da actividade acuícola. So a actual crise económica que fixo baixar os prezos e o recorte das axudas europeas puxo fin ao crecemento destes destrutores do litoral galego.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal