Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 64 - O impacto do...

Primavera 2011

CERNA Nº 64 - O impacto do cambio climático nas rías galegas

Artigos da revista CERNA Nº 64

Os riscos naturais e a adopción de políticas proactivas

Urbano Fra Paleo

Páx. 29 - 31

Os desastres desencadeados polos riscos naturais non son máis que a manifestación do aproveitamento por parte da sociedade dos recursos da natureza. Un dos maiores perigos na área galega son os incendios forestais en época estival, aínda que non está exenta de outras ameazas tales como a exposición ao radón, actividade sísmica e riscos biolóxicos. Ante esta situación é necesario ter ben claro cales son os pasos que se están a dar para a súa prevención e xestión, sendo as políticas proactivas o mellor xeito de anticiparse aos feitos.

Narracións e relatos para habitar o territorio

Pablo Llobera Serra

Páx. 32 - 33

As paisaxes que nos acompañan ao longo da nosa vida márcanos moi fondamente, e é que están cheas de recordos, de historia, de pasado.... Hai, polo tanto, unha estreita relación entre a paisaxe e o ser humano, e é nos relatos, na memoria onde esa relación. Neste relato Pablo Llobera axudaranos a percorrer a terra dun modo distinto.

Recuperación de entulleiras no Bierzo

Luís A. del Riego Celada

Páx. 34 - 35

A Fundación Ciudad de la Energía (CIUDEN) leva operando no Bierzo dende a súa formación no 2006. Un dos seus principais obxectivos é a recuperación da paisaxe en zona mimeira, o que se está a levar a cabo mediante proxectos de gran interese tales como a restauración das entulleiras en Tremor de Arriba.

O sistema de certificación FSC: unha oportunidade de desenvolvemento socioeconómico para Galiza

Pablo López Abeleda

Páx. 36 - 37

Galiza conta cunha superficie forestal e fragmentación arborada que a fan única neste campo. De aí a importancia da certificación FSC para a xestión responsable destas áreas. Coñecer a procedencia da madeira que se consume é fundamental para garantir a súa legalidade e sostentabilidade, porén o selo do FSC constitúe unha gran vantaxe tanto para o consumidor como para o produtor.

CMVMC de Carballo: Valorización sostíbel do monte veciñal

Xosé Manuel Iglesias e Anxo Buján

Páx. 38 - 39

A Comunidade de Montes Veciñais de Man Común da parroquia de Carballo, concello de Friol foi das primeiras en apostar pola certificación FSC, o que garante a súa xestión responsable. Unha das accións máis relevantes que se levou a cabo foi a utilización do cabalo de pura raza galega para o pastoreo. Ademáis, a Comunidade leva a cabo unha serie de actividades que constitúen un pulo ao futuro da vida no rural.

Galopín e Fundación As Salgueiras, iniciativas sostíbeis

Francisco Figueroa

Páx. 40

Hai iniciativas empresariais que seguen un modelo de implicación social e de xestión responsábel dos recursos naturais e enerxéticos en todos os aspectos da súa actividade. Galopín, unha pequena empresa comprometida co desenvolvemento do medio rural, a defensa do medio e a valoración do patrimonio, é un bo exemplo disto.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal