Revista CERNA

Buscador

Formulario de busca

Polos carreiros do Miño e a Ribeira: de pesqueiras á calzada romana de Belesar

Anxo Moure

CERNA Nº 24-25 - -

Páx. 46-47-48

Roteiro de 8,5 Km en terra e 2,5 km en estrada que empieza no corazón da Ribeira Sacra entre os concellos de O Saviñao e Chantada.

Entrevista a Rosa Darriba

Esther Rodríguez

CERNA Nº 24-25 - -

Páx. 49

Rosa Darriba, de profesión e vocación mestra, leva traballando no nacionalismo desde os anos 70. A sua relación co ecoloxismo xurde coa participación nun colectivo ecopacifista da guarda nado a raiz da Guerra do Golfo, relación que mantén na sua vida cotián así como no seu traballo de ensinante e colaborando con grupos ecoloxistas como ANABAM ou ADEGA. Concelleira do BNG en A Guarda, é deputada no parlamento galego desde as últimas eleicións.

Catro estacións: a primavera

Manuel Seixas

CERNA Nº 24-25 - -

Páx. 50

Pasan os meus anos coa sospeita de que en Galiza a cor cobre case sempre unha fona melancolía. Outono e inverno son meus amigos porque son coma min por dentro, ou iso creo. O verán é demasiado evidente, claro, ofensivo, sen fisuras. Poida que aínda non o coñeza ben. Xulgo por apariencias, ata me psicanalizo, xulgo resentido.

Camiñando polo Morrazo

Juan A. Tomé; Luís M. Pérez

CERNA Nº 26 - -

Páx. 22-23-24

Hoxe propomos un roteiro que nos levará a percorrer os máis fermosos lugares do Carballal e Fraga do Coiro, un dos bosques que, coma reliquia do pasado, perdura no corazón da península.

A Becacina: unha especie a conservar

Francisco Arcos e Rafael Salvadores

CERNA Nº 26 - -

Páx. 25

A becacina (Gallinago gallinago) é unha especie de limícola, pertencente á familia Scolopacidae, que se distribúe a nivel mundial ao longo do continente europeo e Siberia.

O agro galego de 1900 a 1936: un desenvolvemento agrario na medida das necesidades dos labregos

L. Fernández Prieto; X.M. González Vilas

CERNA Nº 26 - -

Páx. 27-28-29

O cambio técnico constitúe un dos eixos centrais no desenvolvemento contemporáneo. Antes dos cambios dos anos sesenta, vinculados ao que se coñece como revolución verde na agricultura mundial, xa se produciron nas décadas anteriores á Guerra Civil importantes mudanzas de carácter técnico na agricultura galega.

Revista CERNA
Travesa de Basquiños, nº 9 baixo. 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal