Revista CERNA

Buscador

Formulario de busca

Un ano de "Cousa de Raíces"

Cerna/Redacción

CERNA Nº 74 - Seguimento de hérpetos

Páx. 37-39

Tras un ano desde o impulso da campaña “Cousa de Raíces” na defensa do bosque galego, o número de asociacións, colectivos, plataformas, centros de investigación, comunidades de montes, empresas e particulares que se uniron a esta iniciativa, posta en marcha por ADEGA, non deixou de medrar. Actualmente participan dela máis de 50 entidades. O alcance da campaña, como así estaba previsto, vén marcado pola proposta de accións e colaboracións establecidas entre os seus membros, que procuran defender o bosque autóctono galego desde varios eidos con carácter reivindicativo, divulgativo ou educativo e de intercambio de coñecementos. Neste artigo, presentamos un breve resumo dos avances que se teñen dado durante este ano no marco da campaña “Cousa de Raíces”.

Proxecto Ríos, dez anos unindo ríos e persoas

Virxinia Rodríguez, Paco Bañobre e Ramsés Pérez

CERNA Nº 74 - Seguimento de hérpetos

Páx. 40-42

En 2004 o Proxecto Ríos, coordinado en Galiza por ADEGA, comeza a súa andaina coa firme intención de divulgar a situación ambiental dos cursos fluviais, contribuír a incrementar a concienciación ambiental a través da participación cidadá e achegar solucións aos problemas asociados á auga e aos ríos, así como converterse nun referente nos programas de educación e voluntariado ambiental. Logo de dez anos fluíndo, o proceso de implantación e de consolidación do Proxecto Ríos en Galiza non puido ser máis positivo. Durante este período, o interese dos grupos de voluntariado ambiental, base do Proxecto Ríos, por participar e formar parte desta rede ten sido progresivo e constante.

O mazarico real, especie ameazada da fauna galega

Jesús Domínguez e María Vidal

CERNA Nº 74 - Seguimento de hérpetos

Páx. 43-45

As limícolas son un grupo de aves, tradicionalmente incluídas na suborde Charadrii (Orde Charadriiformes), maioritariamente caracterizadas pola súa dependencia de humedais, tanto litorais como continentais, e por unha dieta baseada no consumo de invertebrados. A Península Ibérica presenta para este grupo zoolóxico un notable interese bioxeográfico, xa que son varias as especies con poboacións peninsulares de tamaño reducido situadas no límite meridional das súas áreas de reprodución. É o caso, por exemplo, da gabita (Haematopus ostralegus), da becacina (Gallinago gallinago) e do mazarico real (Numenius arquata).

Os corvos e a caléndula

Xosé Salvadores e Marga Miguens

CERNA Nº 74 - Seguimento de hérpetos

Páx. 46-47

Os corvos, son "as aves máis espelidas" que coñecemos, teñen unha intelixencia que deixa ben demostrada no seu relato Xosé Salvadores. No apartado de flora, a caléndula e as súas propiedades contra as deficiencias hepáticas e menstruais é a protagonista.

Recursos 73

Ramsés Pérez

CERNA Nº 73 - O decaemento do ameneiro

Páx. 4

Se estás interesad@ en que divulguemos na revista galega de ecoloxía e medio ambiente CERNA algún libro, CD, revista, película, documental, etc., ponte en contacto con nós no seguinte enderezo electrónico: ramses@adega.gal, indicando ‘Recursos Cerna’. Consulta as nosas recomendacións desta edición.

Un programa pola terra, por uns concellos sustentábeis

Fins Eirexas

CERNA Nº 73 - O decaemento do ameneiro

Páx. 5-7

“Un Programa pola Terra. Por uns concellos sustentábeis” recolle unha serie de propostas que as principais entidades ecoloxistas galegas trasladaron ás organizacións políticas, partidos e coalicións que concorren a estas eleccións municipais para que as integren na súa acción de goberno ou de oposición. Coa presentación deste documento ADEGA, Amigos da Terra, APDR (Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra), CEMMA, FEG (Federación Ecoloxista Galega, integrada por 18 grupos) e Verdegaia salientan a importancia dos concellos para acadar un modelo ecoloxicamente sustentábel no noso país.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal