Revista CERNA

Buscador

Formulario de busca

A toniña en Galicia: estudo desde mar e aire

Xosé Martínez-Cedeira e Alfredo López

CERNA Nº 76 - Espectáculos con animais

Páx. 44-47

A Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños (CEMMA) vén de realizar unha campaña pioneira de mostraxe aérea e marítima para avaliar a abundancia da toniña, o cetáceo máis pequeno dos nosos mares, no Noroeste da Península Ibérica e determinar a conveniencia de elevar a súa categoría de protección de “Vulnerable” a “En Perigo de Extinción”. O estudo tamén recompilou os primeiros datos sobre a abundancia de residuos plásticos nas augas marítimas galegas. A CEMMA advirte da necesidade de aumentar os esforzos de investigación para a obtención de resultados concluíntes.

O leirón e o cantroxo

Xosé Salvadores e Marga Miguens

CERNA Nº 76 - Espectáculos con animais

Páx. 48-49

Que é o leirón? A esta pregunta responde o artigo faunístico de Xosé Salvadores, e Marga Miguens dedica a súa sección de flora ao cantroxo ou "Lavandula", tamén planta da que gostan as abellas.

Recursos 75

Ramsés Pérez

CERNA Nº 75 - E despois do Cumio de París, que?

Páx. 4

Se estás interesad@ en que divulguemos na revista galega de ecoloxía e medio ambiente CERNA algún libro, CD, revista, película, documental, etc., ponte en contacto con nós no seguinte enderezo electrónico: ramses@adega.gal, indicando ‘Recursos Cerna’. Consulta as nosas recomendacións desta edición.

Cumio de París: cinismo e mercado

Ramón Varela Díaz

CERNA Nº 75 - E despois do Cumio de París, que?

Páx. 5-7

O Cumio do Clima ocultou que son só 10 os países que emiten o 72% dos gases de efecto invernadoiro (GEI) e que só China emite o 25% do total. Moitos gobernos mantiveron unha postura cínica ao seguir a favorecer os intereses da explotación de areas e lousas bituminosas, dar subvencións multimillonarias á enerxía de combustíbeis fósiles (510.000 millóns de dólares en 2014), e salvagardar os intereses privados ligados aos fondos de inversión. Os obxectivos de redución de emisións presentados en París elevarían a temperatura media en tres ou catro graos, mentres afirman que o incremento se mantería por debaixo dos dous graos. E cal é o papel de Galiza? Emitimos case o 9% dos GEI de todo o Estado español, debido principalmenteás centrais térmicas, refinería, plantas de aluminio e ferroaliaxes.

Entrevista a Xavier Labandeira

Por Belén Rodríguez / CERNA

CERNA Nº 75 - E despois do Cumio de París, que?

Páx. 8-11

Xavier Labandeira é Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, e tamén é catedrático no European University Institute de Florencia. Ademais foi autor líder do IPCC, o Grupo Intergubernamental sobre Cambio climático da ONU, para a elaboración do Quinto Informe de avaliación sobre o quecemento global. Este amplo currículo convérteo nunha das voces galegas que mellor pode interpretar os resultados do Cumio climático de París, o COP21, onde as grandes potencias do mundo se citaron para elaborar unha folla de ruta contra o Cambio Climático.

Macroalgas mariñas como fonte de biomasa

César Peteiro, Manuel García-Tasende, Óscar Jesús Prado

CERNA Nº 75 - E despois do Cumio de París, que?

Páx. 12-15

As laminarias, algas pardas de gran tamaño, amosan un alto contido en polisacáridos (entre 40 e 70% do seu peso en seco) polo que poden ser empregadas como unha fonte para producir bioetanol. Para a súa aplicación a escala industrial requírese de grandes cantidades de biomasa que no caso das laminarias debería ser obtido a partir do seu cultivo no mar. A produciónde bioetanol poder ser realizada en bio-refinarías nas que ademais de biocombustibles poden ser obtidos outros produtos de interese comercial (alimentación humana e animal, fertilizantes, produtos químicos, etc.). A acuicultura mariña das laminarias ofrecería ao tempo unha serie de servizos ecosistémicos, como a reciclaxe de nutrientes e a conversión del dióxidode carbono en oxíxeno.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal