Revista CERNA

Buscador

Formulario de busca

INFORME PETROVIGO: Unha nova ameaza a calidade ambiental e ao desenvolvemento económico

Manuel Gómez Valverde

CERNA Nº 9 - -

Páx. 9-10

Os ecosistemas especiais presentes nas nosas rías teñen un novo inimigo, tales como son os recheos, os vertido urbanos sen depuracións e implantacións industrais inadecuadas... e non esquezamos que estos ecosistemas teñen unha compricada rexeneración. O modelo económico da ría de Vigo, debe basearse no fomento da producción da propia riqueza da ría e de transformación dos produtos, mesmo sería unha alternativa a Petrovigo unha empresa encargada da limpeza da ría.

OS DELITOS AMBIENTAIS: O dereito procesal en relación cos delitos ambientais

Miguel M. Novoa

CERNA Nº 8 - -

Páx. 19-20

Cómpre establecer unha diferencia básica entre os delitos ambientais e o famoso Delito Ecolóxico que se recolle no artigo 347 bis do Código Penal, pois este último vai somente referido aos vertidos ou emisións na atmósfera, no chao ou nasaugas, que poñan en grave perigo a saude das persoas ou poidan perxudicar as condicións de vida animal e vexetal.

A NOSA FAUNA: O cuco e a aldea

Xosé Luís Vilar Hermida

CERNA Nº 9 - -

Páx. 11-12

Refráns, cantigas e adiviñas refírense frecuentemente a esta ave que esperta o interese e a curiosidade da xente do campo, debido, fundamentalmente, a tres características: a súa inusual forma de crianza, a de ser unha ave migratorian e, sobretodo, a súa potente, monótona e inconfundible voz.

ROTEIRO: Parque natural baixa Limia-Serra do Xurés

Elvira Cienfuegos

CERNA Nº 8 - -

Páx. 21-23

A continuación preséntase o seguinte roteiro que contra de dúas xornadas, unha transcurrirá por la Baixa Limia e a seguinda pola Serra do Xurés.

DOSSIER: Residuos

Redacción/Cerna

CERNA Nº 9 - -

Páx. 13-28

O presente dossier, adicado ó secto de residuos en xeral, recolle diferentes reflexións desta temática, facendo fincapé na oposición dos cidadáns a instalación de plantas incineradoras. Cerna presenta un traballo de Carlos Pérez centrado na crítica do plan de residuos da Xunta e tamén outro traballo sobre as tendencias de reciclaxe nos EEUU.

OS PRECURSORES: Antonio Vila Nadal e a conservación do medio natural

Xosé A. Fraga Vázquez

CERNA Nº 8 - -

Páx. 24-25

O labor desenvolto por Vila nos seus anos de estancia na Galiza, salientan pola amplitude e diversidade. Sobresae no contexto español e galego, a importancia da actividade educativa e de divulgación científica, pero tamén abordou outros temas, participando nas polémicas ideolóxico-científicas, nun importante intento de institucionalización da Bioloxía mariña e en menor medida na investigación morfolóxica.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal