Revista CERNA

Buscador

Formulario de busca

ACTUALIDADE: A contaminación dos ríos Sar e Sabela

Redacción/Cerna

CERNA Nº 9 - -

Páx. 4

As concentracións de materia orgánica, materiais en suspensión, amoniaco e fosfatos encontranse moito por enrriba das concentracións normais para a vida dos peixes nos ríos Sar e Sabela. Isto é unha consecuencia dos vertidos urbanos de Santiago, xa que a ampliación da planta depuradora de A Silvouta non acadou os obxectivos esperados.

SALVATORE BONGIORNO: Un ecólogo americano na Galiza

Carlos Vales

CERNA Nº 8 - -

Páx. 10-11

A morte prematura de Salvatore Bongiorno, ecólogo, director do Departamento de Bioloxía da Universidade de Fairfield, nos USA, deixounos sen un profesional espllendido e sen un namorado da nosa Terra, á que contribuiu a coñecer con seus estudos.

ACTUALIDADE: Tarxetas postais para esixir os dados da contaminación da celulosa de Lourizán

Antón Masa

CERNA Nº 9 - -

Páx. 5

O autor, que pertence a Asociación para a Defensa da Ría, relatanos a campaña pública desenvolvida pola APDR co obxectivo de exisir da Xunta a publicación dos resultados, e que, no caso de incumprimento do convenio asinado, proceda ao peche definitivo do complexo Ence-Elnosa. A APDR pudo comprobar xá que ENCE non cumple coa lexislación ambiental aplicable, nen sequera cos criterios contemplados no convenio que ela mismo asinou.

RECICLAXE NA ALEMAÑA: ZWEIBRUKEN:Experiencia de recollida selectiva de lixo

Adela Vázquez

CERNA Nº 8 - -

Páx. 12-14

O problema do lixo rebasa o ámbito familiar e local, por este motivo, os gobernos comezan a tomar medidas, en Alemaña non foron menos e o longo deste artigo veremos qué fan neste país co lixo.

ENTREVISTA: Conversa con Ramón Varela: A chuvia ácida: investigación penalizada na Galiza

Ramón Varela

CERNA Nº 9 - -

Páx. 6-8

"Nos anos 70, dáse na Galiza unha situación de profundo descoñecemento do emdio natural galego, e de falta de estudos sobre a nosa realidade. É nesta situación cando se nos caen toda unha serie de proxectos industriais de dubidoso interese económico e un gran impacto ambiental sobre o medio natural, tanto de contaminación como de esquilmación de recursos."

FLORA: Os toxos galegos

Henrique Niño Ricoi

CERNA Nº 8 - -

Páx. 16-18

Baixo a denominación toxo coñécese aquelas plantas do xénero botánico Ulex que definen ás formacións vexetais que xunto as xesteiras, queirugais e uceiras, conforman a paisaxe galega por antonomasia.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal