ADEGA Publicacións

Radio CERNA

Inicio / Xornadas / Xornada Especies invasoras e participación social

Xornada Especies invasoras e participación social

Esta xornada puxo de manifesto a necesidade de facer partícipe á cidadanía sobre estas problemática ambiental, tanto desde o ámbito administrativo como das entidades conservacionistas que traballan con programas de voluntariado ambiental. Para este achegamento é indispensable unha formación técnica de calquera persoa ou entidade que traballe con especies invasoras e que coordine actividades de eliminación das mesmas.

Outro dos temas máis tratados polos asistentes foi a necesidade dunha maior coordenación entre as diferentes entidades que están a traballar nesta problemática (Investigadores/as, administracións, ONGs, etc) e demandar un traballo máis exhaustivo por parte da administración, que deberá loitar co perigo da tenencia e comercio das especies invasoras, un dos principais vectores de introdución de especies invasoras no medio natural.


Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal