ADEGA Publicacións

Radio CERNA

Inicio / Xornadas / XORNADAS/ENCONTROS DE PROXECTO RÍOS

XORNADAS/ENCONTROS DE PROXECTO RÍOS

CURSOS DE FORMACIÓN

Organízanse dous cursos de formación ao ano, un en primavera e outro en outono, para fornecer ao voluntariado participante na metodoloxía de inspección do proxecto ríos, nomeadamente, na identificación de macroinvertebrados, pezas chave no estudo da calidade dun ecosistema fluvial.

Ademais se tratan temas de interese que teñen que ver coa conservación e coñecemento dos nosos ríos.

ENCONTROS DE VOLUNTARIADO

Espazo no que os participantes son os protagonistas.

Trátase dunha xornada na que o voluntariado ten a oportunidade de expoñer, diante doutros grupos de voluntariaos/as as actividades que realizan no seu río, co obxectivo de compartir experiencias.
En 2014 celebramos unha festa con motivo do décimo aniversario do proxecto. En 2015 démoslle un novo aire ao encontro de voluntariado facendo unha descuberta de biodiversidade (Bioblitz) na contorna fluvial, actividade que continuaremos en anos vindeiros.

ROTEIRRÍOS

Programa de roteiros do proxecto ríos nos que se pretende dar a coñecer a riqueza fluvial do noso país.

Cada ano se organizan arredor dunha temática concreta: patrimonio etnográfico, ríos de montaña, biodiversidade fluvial, etc.

XORNADA RÍOS E PATRIMONIO MINEIRO

RÍOS E MINERÍA

Nesta xornada divulgouse o patrimonio mineiro fluvial como recurso turístico e didáctico no río Sil e afluentes.


ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal