ADEGA

ADEGA Nacional

Formulario de busca
03/10/2018

Máis de 70 colectivos esiximos conxuntamente a retirada do novo Plano Forestal

Por eucaliptizador, pirófilo, lesivo para a biodiversidade, privatizador... Máis de 70 colectivos ecoloxistas, comunidades de montes, sindicatos, organizacións sectoriais e empresariais vimos de alegar conxuntamente ao novo Plano Forestal do PP-ENCE

+info

01/10/2018

861 persoas retiran máis de 10 tn de residuos na XI Limpeza simultánea de ríos do Proxecto Ríos

Fomos moitas as persoas que nos mollamos polos ríos na XI Limpeza simultánea. Houbo grupos de nenos e nenas e de maiores, limpáronse grandes ríos e tamén pequenos regatos, pero todas e todos tiñamos o mesmo obxectivo: coidar dos nosos ríos

+info

20/09/2018

O Tribunal Supremo declarou ilegal a fragmentación de parques eólicos como os de Ordes ou Coristanco

A estratexia de dvidir un único parque eólico en varios pequenos para acadar facilidades de tramitación e furtar unha análise ambiental axeitada, tal e como está a acontecer en Coristanco e Ordes, é ilegal segundo o Supremo.

+info

14/09/2018

A ILP do bosque e a mina de Touro, en CERNA 79!

ADEGA vén de publicar a edición de verán da revista galega de ecoloxía e medio ambiente, que recolle artigos sobre a ILP a prol do bosque autóctono e a mina de Touro- O Pino, entre outras temáticas de actualidade.

+info

31/08/2018

ADEGA reclama políticas e recursos para protexer o lobo e favorecer a súa coexistencia coa gandería

Presenta un informe no que demostra que as partidas que destina a Xunta son manifestamente insuficientes e que os controis son inútiles para solucionar o conflito da coexistencia

Ante as últimas novas sobre o suposto incremento dos danos do lobo á gandería e dunha maior demanda para que se autoricen controis das súas poboacións, ADEGA pon en valor aspectos fundamentais do conflito que se están a obviar nestes comunicados.

+info

07/08/2018

Un castro que funciona como aparcadoiro de autocaravanas en Barreiros

ADEGA e Mariña Patrimonio vimos de denunciar no SEPRONA a utilización do Castro da Punta de San Pedro de Benquerencia, no concello de Barreiros (Lugo), como aparcadoiro de autocaravanas...

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal