Este 24 de abril a veciñanza alertaba dun novo vertido ao río Valiñas dende obras da gasolineira que están a construír en Ledoño, nunha parcela a seis metros do afluente do río Mero
ADEGA vén de presentar no Concello de Lugo e a Confederación Hidrográfica Miño Sil, alegacións ao proxecto “Prolongación do paso soterrado baixo a N-VI redactado pola empresa INCA, e promovido polo Concello de Lugo.
Este 14 de marzo é o Día Internacional de acción polos ríos, antes día de loita contra os encoros. Galiza é un dos territorios europeos con maior presión hidroeléctrica, mais as administracións galega e española amosan pouco entusiasmo por liberalos.
ADEGA vén de presentar alegacións contra a ampliación da autoestrada AG-59 por afectar ao espazo natural protexido como Rede Natura e ZEC Sistema Fluvial Ulla-Umia-Deza e e non atender ao impacto sobre especies protexidas.
ADEGA e o IES Arcebispo Xelmírez I acudirán hoxe ao río Sarela para estudar a súa evolución biolóxica, no marco do proxecto europeo LivingRiver.
Augas de Galiza declarou a caducidade e arquivou os trámites para extinguir a concesión do aproveitamento hidroeléctrico de Ponte Inferno, no río Verdugo, vixente dende o século XIX por non telo resolto en prazo...
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal