ADEGA

Inicio / Áreas temáticas / Auga e ríos / Novas /

Novas

Formulario de busca
15/07/2016

Crónica do Bioblitz polas ribeiras do Sor

O 9 de xullo celebrouse a duocécima edición dos encontros de voluntariado do Proxecto Ríos. En 2016 continuamos cunha descuberta de biodiversidade para afondar máis no coñecemento da flora e a fauna dos nosos ríos e ribeiras.

+info

09/06/2016

Comunicado de desmentido por falsas acusacións públicas contra ADEGA

Ante as falsas informacións que veñen aparecendo nos últimos días na prensa de Lugo, nomeadamente en La Voz de Galicia, ADEGA vese obrigada a defender a súa honorabilidade e a das súas socias e socios a través deste comunicado.

+info

03/06/2016

A CHMS propón que o Concello de Lugo retire o dique ilegal do Miño e que pague unha multa

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil culpabiliza ao Concello de Lugo das obras ilegais sobre o río Miño denunciadas por ADEGA e "Lugo de Cara ao Miño", e suxírelle ao Ministerio que lle impoña unha multa de 180.287,28€ e lle obrigue a retirar o dique ile

+info

05/05/2016

ADEGA insta á Ministra a ordear axiña a retirada do dique ilegal do Miño para evitar impactos irreversibles

Lugo de Cara ao Miño e ADEGA advirten que se non se retira neste verán habería que agardar a unha nova época de estiaxe

Se o dique ilegal da fábrica da luz non se retira antes de que remate o verán, a súa permanencia na área protexida podería prolongarse por un ano máis, xerando impactos irreversibles.

+info

29/04/2016

Á veciñanza que protexe o río, 17.000€ de multa; á administración que incumpre a lei, sanción de 1.062€

A multa ridícula imposta por Cultura á Conf. Hidrográfica por infracción grave ao patrimonio ao arramplar coas árbores no Camiño Francés de Sarria (1.062€), contrasta cos case 17.000€ que a Sub. do Governo pide a 34 veciños/as por defender o río...

+info

25/04/2016

Tecendo custodia: crónica da actuación ambiental nos Pozos de Castieixas

Este domingo 24 de abril, no marco da xornada estatal "Axuda a conservar un espazo en custodia", voluntarios/as de ADEGA realizamos o mantemento dos pozos de Castieixas, unha serie de canles e pozas de rega no concello de Montederramo

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal