ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
04/02/2017

Tralas denuncias presentadas por ADEGA, BNG e a AVV de Brión (Ferrol) polo proxecto de botar escombros nos montes de Brión

Paralizado o proxecto de verquido de refugallos da obra ao tren ao porto exterior de Ferrol nos montes de Brión(Ferrol) .

Trala denuncia feita por Adega, BNG e AVV Brión e polo risco de afeccións sobre o patrimonio arqueolóxico e medioambiental, a Autoridad Portuaria de Ferrol desestima a proxecto inicial de botar os refugallos das obras sobre os montes de Brión.

+info

02/02/2017

2 de febreiro, Día Mundial dos Humidais: os humidais, unha protección natural contra os desastres climáticos

No cabodano da sinatura da convención Ramsar (Irán, 1971) celébrase o Día Mundial dos Humidais. Desta volta, quérese reivindicar o papel dos humidais como amortecedores dos efectos do cambio climático.

+info

02/02/2017

Coa participacíon do Secretario Executivo de Adega e a Delegación de Ferrol, palestra sobre a importancia dos brañáis.

Palestra sobre o Dia Mundial dos Humidáis.

Realizada palestra coa intervención de Fins Eirexas, Secretario Executivo de ADEGA e Nês Lopes, da directiva de ADEGA Ferrol para destacar a importancia dos brañáis e zonas húmidas, en especial na comarca de Ferrol os de Valdoviño, Doniños,Mandiá,etc

+info

31/01/2017

41 Asemblea de ADEGA: Nova directiva, propostas de resolución, entrega dos premios Osíxeno e celebración dos 40 anos

Este 20 de febreiro celebramos na Coruña a nosa 41 Asemblea Xeral. Celebramos tamén os actos comemorativos dos 40 anos, aprobamos varias propostas de resolución, anovamos a Directiva e entregamos os premios Osíxeno 2016

+info

30/01/2017

Esperpento de batida en Friol: uso de foguetes, presenza de menores... e matan un can!

ADEGA cualifica de chafallada e esperpento a batida desta fin de semana en Friol, autorizada de xeito ´express´ pola Xunta. Ilegalidades como a presenza de menores e o uso de foguetes, remataron cun único ´trofeo´abatido: un can!

+info

26/01/2017

ADEGA solicita da Xunta a denegación dunha batida de lobos en Friol

O fracaso na posta en marcha de medidas preventivas non pode ser substituído por controis poboacionais. É falso que exista sobrepoboación.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal