ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
05/01/2018

ADEGA galardoada coa insignia de ouro do concello de Ferrol

O concello de Ferrol vén de conceder a insignia de ouro da cidade a ADEGA polo seu traballo na concienciación social para a conservación do medio natural. Moitas grazas!

+info

26/12/2017

A Fraga de Catasós debe ampliarse para garantir a súa preservación e integridade

ADEGA vén de presentar unha proposta de ampliación e zonificación ambiciosa para a Fraga de Catasós (Monumento Natural). Pasaría das 4,5 ha actuais a 180 e incorporaría diversas masas próximas, incluida a todalidade da fraga de Casas Vellas.

+info

21/12/2017

Bota a andar a recollida de sinaturas da ILP do bosque autóctono e contra a eucaliptización

Un de cada 5 metros cadrados de solo galego está ocupado por un eucalipto

Representantes das organizacións promotoras da ILP anunciaron este día 20 o inicio da campaña de recollida de sinaturas, que se prorrogará até marzo de 2018. Asina e contribúe a protexer mos nosos bosques!

+info

07/12/2017

ADEGA e outras 17 organizacións galegas levamos ao Parlamento Europeo as desfeitas da industria do eucalipto

No marco das xornadas Defensa do patrimonio galego fronte á eucaliptización organizadas polo grupo GUE/NGL do Parlamento Europeo, 18 organizacións levamos a Bruxelas a problemática do eucalipto na Galiza.

+info

05/12/2017

Perante a seca as medidas de aforro e eficiencia deberían antepoñerse aos transvasamentos e captacións

ADEGA demanda da Xunta e concellos medidas que fomenten unha cultura da auga aforradora e eficiente, priorizando o combate ao desbaldimento ás novas captacións, sen esquecer e Educación Ambiental para mudar o actual paradigma consumista

+info

05/12/2017

Percorrido, concentración e manifestación en apoio do tren de proximidade

Coruña-Ferrol 2.12.2017. Marcha en tren Coruña-Betanzos-Miño-Pontedeume- Ferrol en apoio do tren de cercanía. Promovido pola Plataforma en defensa do tren nas comarca das Mariñas e Coruña, e co apoio de personas e colectivos.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal