A Deputación da Coruña aprobou un convenio con AGADES (Asociación Galega de Desenvolvemento Social) por un importe de 170.000, achegando a entidade provincial 150.000. AGADES ten 25 socios e carece de traxectoria ambiental. Onde hai padriños...
O grupo parlamentar do PP vén de retratarse hoxe no Parlamento como único defensor do uso do cianuro en minaría. Rexeitou aprobar unha proposición de lei redactada polos ecoloxistas galegos para prohibir o uso deste veleno en calquera mina do país.
Acordamos apresentar recurso de casación perante o Supremo e logo ir ao Constitucional como pasos necesarios para chegar a Europa. Non confiamos na xustiza española: Retratouse perfectamente coa vergoñenta e aldraxante sentenza do Prestige.
Feijóo vén de dar a pauta para evitar que os concellos repercutan a suba do canon do lixo: Saír de SOGAMA. Dende ADEGA animamos aos concellos a tomarlle a palabra e descobrir como no foro "Cara unha sociedade da reciclaxe, iniciativas e experiencias"
A sentenza do caso Prestige evidencia a prática impunidade coa que operan as petroleiras e os seus monicreques institucionais. Ningún responsábel nin procesado nin condeado e 0 de indemnizacións. Sentenza "marca España"
O TSXG declara a nulidade da Autorización Ambiental Integrada da cementeira de Castro. Tras moitos anos de loita de veciños da zona, colectivos ecoloxistas (A VV. Os Cruceiros,ADEGA...), acadamos outro éxito ambiental e social en Ferrolterra.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal