ADEGA

Inicio / Novas / Delegacións / ADEGA e a UNED de Lugo asinan un convenio de...

28-02-2020

ADEGA e a UNED de Lugo asinan un convenio de colaboración

O pasado día 26 de febreiro, ADEGA asinou un convenio de colaboración coa UNED de Lugo, co galo de crear novas sinerxías para fomentar conxuntamente a educación ambiental na cidade de Lugo. 

Baseado na colaboración e difusión conxunta das actividades propostas por ambas entidades, tanto as socias de ADEGA como os estudantes da UNED beneficiaranse deste convenio, que arrancou o xoves 27 co curso Fogares Verdes, impartido por ADEGA, e que continuará o vindeiro 5 de marzo. (+info: http://www.adega.gal/axenda.php?id=701&idioma=gl&sec=12). 



Programa NaturalMente da UNED


A UNED presentou este ano o programa NaturalMente. Este proxecto ten como principais obxectivos o fomento da sensibilización cos problemas do desenvolvemento e da sustentabilidade ambiental, a posta en valor do patrimonio ambiental da contorna do Centro Asociado e do seu tres Aulas Universitarias (Foz, Monforte de Lemos e Viveiro), o coñecemento do cambio climático e a loita contra o mesmo e contribuír á divulgación e comunicación da Axenda 2030 e os seus 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) ao conxunto da Comunidade Universitaria e á provincia de Lugo.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal