ADEGA

Inicio / Novas / Delegacións / ADEGA Vigo participa na I Xornada de...

17-03-2019

ADEGA Vigo participa na I Xornada de Deseucaliptización Simultánea en Rebordelo

#DeseucaliptizaciónSimultánea #CoutoDaEirexiña


O vindeiro sábado 23 de marzo terá lugar, no Couto da Eirexiña, unha acción integrada na I xornada de deseucaliptización simultánea que vai acontecer en diferentes puntos do país co gallo da celebración do Día Mundial do Bosques. Esta iniciativa é é impulsada pola plataforma Cousa de Raíces e participan, até o momento, 16 entidades en 7 localidades diferentes.

O principal obxectivo desta actividade de educación e voluntariado ambiental está focalizada na eliminación de masas eucaliptos, así como doutras especies invasoras, co fin de poñer de manifesto que outro modelo de xestión forestal é posible e necesario, salientando os numerosos beneficios ecosistémicos dos bosques autóctonos.

A xornada dará comezo ás 10:00h na casa do pobo de Rebordelo.  A actividade vai acompañada dun xantar comunitario e dun roteiro interpretativo para dar a coñecer a xestión forestal sostible de conservación e recuperación do bosque autóctono e da biodiversidade que están a levar a cabo as comuneiras e comuneiros da parroquia de Rebordelo. 

Esta actividade está organizada por ADEGA Vigo e o Couto da Eirexiña, e conta coa colaboración da comunidade de montes de Rebordelo.

Podes inscribirte nesta actividade enviando un correo a adegavigo@adega.gal

Agardámoste!

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal