ADEGA

Inicio / Novas / Delegacións / Esta fin de semana celébranse as xornadas sobre o...

08-11-2021

Esta fin de semana celébranse as xornadas sobre o legado patrimonial e ambiental dos muros tradicionais

Esta fin de semana ADEGA organiza unhas xornadas no Concello de Muras para dar a coñecer o patrimonio cultural e ambiental galego,  sendo os muros en pedra seca elementos característicos das paisaxes cercadas, e pezas de gran importancia na conservación da biodiversidade. As diferentes tipoloxías e materiais, propios de cada zona, conforman a nosa paisaxe e identifica os usos tradicionais do solo, sendo a técnica de construción de pedra seca Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade segundo a UNESCO.

As actividades distribúense en dúas xornadas matinais:


Sábado 13 de novembro (Concello de Muras): 09.00 Saída do autobús dende Maxisterio (Lugo)

  • 10.30 Seminario no Local Social (Rúa Enrique Guzmán, Muras) “Aproximación ao patrimonio cultural e natural dos valados, na paisaxe da Reserva da Biosfera Terras do Miño”. Participan Mercedes Máquez, Grupo de investigación da escola galega da paisaxe Fundación Juana de Vega; Ricardo Polín, Doutor e investigador dos camiños históricos; Xoán Ramón Vidal Romaní, Instituto universitario de xeoloxía da UDC e Ramsés Pérez, de ADEGA
  • 12.30 Roteiro interpretativo.
  • 15.00 Xantar de convivio no local Social
  • 17.00 Volta do autobús  

Domingo 14 de novembro (Concello de Muras)
  • 9.00h Saída do bus dende Maxisterio (Lugo)
  • 10.30 Obradoiro formativo de reconstrución coa técnica de xunta seca, dun muro situado no Camiño das Ucheiras no Concello de Muras. Contaremos co artesán José Luis Canteiro que nos ensinará a preparar e colocar a pedra. Prazas limitadas a 20 persoas
  • 15.00 Xantar de convivio no local Social
  • 17.00 Volta do autobús Haberá servizo de autobuses de balde dende Lugo e petiscos ao rematar as actividades.  

As persoas que queiran asistir as xornadas teñen que rexistrarse antes do xoves 11 a través do formulario (bit.ly/xornadasvalados).

Estas xornadas están organizadas ao abeiro da Subvención da Reserva da Biosfera Terras do Miño para o desenvolvemento de actuacións de posta en valor do patrimonio natural, cultural e paisaxístico deste territorio na anualidade 2021.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal