ADEGA

Inicio / Multimedia / Imaxes /

Imaxes

Neste apartado atoparás as imaxes tomadas por ADEGA ou que lle foron cedidas relativas ás súas actividades, actos reivindicativos, roldas de prensa ou xornadas de formación ou divulgación. Compárteas e difúndeas!

II Festival de Humor "Rir, por non chorar"

O pasado 29 de novembro de 2013, ADEGA organizou o II Festival de humor “RIR, POR NON CHORAR” en Lugo. A través desta segunda edición do festival quixo facer reflexionar ao público asistente sobre a importancia da conservación do medio natural e do noso patrimonio histórico cultural, ligados fortemente á nosa identidade, ao noso patrimonio inmaterial e como non, ao noso humor. Cándido Pazó e Quico Cadaval foron os encargados de facernos rir,... E abofé, que nos rimos! + en Picasa

Roteiro Augas que furan, en Becerreá

Este roteiro foi o o segundo dirixido por ADEGA no último trimestre de 2013 e baixo a dirección da Deputación de Lugo.Estivo dedicado ás "Augas que furan ou escavan" no solo. No percorrido, poidemos visitar a Cova dos Mouros e coñecer moitas lendas e tradicións do lugar, co axuda de Xabier Moure. + en Picasa

Roteiro Augas levadas na Serra do Courel

Este roteiro foi o primeiro dunha xeira de 3 andainas guiadas por ADEGA no último trimestre de 2013 e baixo a dirección da Deputación de Lugo. Encabezou o ciclo de roteiros H2O, dedicados á AUGA nos espazos naturais lucenses. Permitiunos coñecer un dos lugares máis emblemáticos do Courel: A Devesa da Rogueira. + en Picasa

Festival de Humor “Rir, por non chorar”

O 1 de decembro de 2012 celebrouse en Lugo o I Festival de humor “RIR, POR NON CHORAR”, no Salón de actos da Deputación de Lugo no que participaron os artistas Carlos Blanco, Isabel Risco e Leo i Arremecaghoná. Eles encargárose de facernos "rir, por non chorar" a través da súa análise irónica e retranqueira de como se está a xestionar o territorio galego, nomeadamente, o medio natural. O Festival tamén formou parte dos actos reivindicativos adheridos ao programa “Des-concerto Expansivo” de Burla Negra, que conmemorou ese mesmo día o décimo aniversario desta iniciativa e da catástrofe do Prestige.
+ en Picasa

Lectura do manifesto “Ponte no medio. Móvete polo territorio” en Ferrol

O 30 de xuño de 2011, ADEGA-Ferrolterra presentou na Galería Sargadelos de Ferrol a campaña “PONTE NO MEDIO, MÓVETE POLO TERRITORIO”, coa que se pretende  poñer freo aos proxectos especuladores co territorio galego e procurar unha alternativa sustentable de ordenación territorial a través dun movemento social de denuncia común.
+ en Picasa

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal