Inicio / Organización / Delegacións / Vigo
Vigo
36202
Vigo
ADEGA Vigo é a delegación comarcal da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza na cidade de Vigo e na súa bisbarra. ADEGA Vigo pretende dar unha resposta crítica e propositiva na defensa do medio ambiente e do patrimonio natural da comarca. Queres participar? Agardámoste!
ADEGA Vigo é a delegación comarcal da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza na cidade de Vigo e na súa bisbarra. ADEGA Vigo pretende dar unha resposta crítica e propositiva na defensa do medio ambiente e do patrimonio natural da comarca. Para acadar este obxectivo a delegación vertébrase en tres eixos principais de actuación:
O Couto da Eirexiña é un proxecto de custodia do territorio entre a comunidade de montes de Rebordelo, do concello de Cerdedo-Cotobade, e ADEGA Vigo, cuxa principal liña de acción céntrase no voluntariado e na educación ambiental, ferramentas que consideramos esenciais para o coñecemento e a protección da natureza. O proxecto conta cunha superficie total de 172,66 hectáreas custodiadas, e o seu principal obxectivo é a conservación e a posta en valor do patrimonio natural e cultural, en especial a protección e defensa do bosque autóctono.
Desde a ADEGA Vigo, en colaboración coa comunidade de montes de Rebordelo e outras entidades, como Charcas con Vida, o Proxecto Ríos, as Brigadas Deseucaliptizadoras ou o Atlas de Mamíferos de Galiza, realizamos actividades de diversa índole como xornadas de eliminación de EEIs, de restauración de charcas ou de repoboación con árbores autóctonas, así como estudos de biodiversidade ou roteiros interpretativos.
Na páxina web do proxecto podes estar ao día de tódalas as actividades que realizamos!
A delegación ADEGA-Vigo realiza xuntanzas periódicas onde debatemos sobre os diferentes puntos a tratar de xeito horizontal e participativo, e convidamos a calquera persoa que queira asistir co obxectivo de resolver dúbidas, achegar ideas ou queira traer á mesa unha problemática de índole ambiental.
Anímaste a participar na defensa do medio ambiente connosco?
Tamén podes dar un paso máis e facerte socia/a da asociación. Para isto tes toda a info aquí.
Podes contactar en calquera momento coa delegación de ADEGA Vigo a través do correo adegavigo@adega.gal
Tamén podes inscribirte na listaxe de correo onde difundimos as actividades e novas da delegación, por se o teu interese é participar como voluntaria ou voluntario ambiental. Podes inscribirte enviando un correo ao enderezo electrónico da delegación co teu nome.
Agardámoste!
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal