ADEGA Cadernos

Artigos de Educación ambiental. ADEGA Cadernos, artigos de investigación e revisión científico-técnica do eido ambiental e a ecoloxía

A Estratexia Galega de Educación Ambiental: papel mollado

Ramsés Pérez Rodríguez e Manuel Soto Castiñeira

Caderno nº 13 - Educación Ambiental en Galiza

Páx.3 - 6

A EGEA foi considerada no seu momento como un fito na educación ambiental (E.A. en diante) en Galiza dende diversos ámbitos sociais, que se viron ilusionados polos interese propagandísticos da Xunta. ADEGA fíxolle xa daquela varias críticas ao documento aprobado entre as que destacamos as seguintes;- A exclusión de ADEGA da mesa de negociación e as presas por aprobar un documento, pola única razón de ser presentado como a primeira estratexia de EA do Estado.- A falta de compromisos concretos por parte da Consellería naconsolidación da EA.- A concepción dunha educación ambiental claramente mercantilista, pola recomendación ás asociacións para que acudan a empresas e fundacións de carácter privado para acadar financiamento, prescindindo de calquera liña de axudas procedente do sector público.- A concepción dunha EA como fin en si mesma, en lugar de considerala como unha ferramenta dos planos de xestión ambiental, esquecéndose da retroalimentación que os contidos e obxectivos destes planos deben ter sobre a EA.

Tres anos da EGEA: valoración e propostas da Sociedade Galega de Educación ambiental

Caderno nº 13 - Educación Ambiental en Galiza

Páx.7 - 28

O 9 de novembro de 1999, o Consello Galego do Medio Ambiente aprobou o texto definitivo da Estratexia Galega de Educación Ambiental (EGEA). Por vez primeira na traxectoria deste organismo consultivo un documento foi informado positivamente, sen votos en contra. O texto da EGEA foi publicado integramente no Diario Oficial de Galicia (Resolución 3/10/2000 pola que se publica a Estratexia Galega de Educación Ambiental, DOG de 23/10/2000), o que da idea da relevancia, aló menos formal, que o Goberno autonómico lle concedeu nese momento.Tomando como data de referencia a aprobación da EGEA no plenario do Consello Galego do Medio Ambiente cúmprense agora os 3 anos de vixencia da EGEA, a metade dos 6 anos que no mesmo documento se establecen para a aplicación das recomendacións que recolle.

Os Equipamentos para a Educación Ambiental. O estado da cuestión en Galiza

Araceli Serantes Pazos

Caderno nº 13 - Educación Ambiental en Galiza

Páx.29 - 42

Co nome xenérico de equipamentos para a educación ambiental (EqEA en adiante) agrupamos iniciativas ben diferentes, tanto pola oferta de actividades, como pola súa localización, contidos, etc.; estamos a referirnos ás Granxas Escola, Aulas de Natureza, Centros de Interpretación,Centros de Visitantes, Ecomuseos, Parques Etnográficos… A miúdo pénsase que se trata dun moderno movemento socio-educativo, con pouca tradición e escasas experiencias no noso país, máis unha ollada á nosa historia, concretamente aos movementos naturalistas e educativos máis innovadores, fannos pensar que son herdeiros dun pasado notable, e que constitúen unha resposta contemporánea aos problemas e á lóxica do noso tempo.Existen numerosos recursos para a divulgación do patrimonio, tanto natural como cultural, máis non todos podemos consideralos EqEA. Os EqEA son iniciativas ligadas á educación ambiental (EA), que cunhas instalacións fixas, posibilitan a un equipo educativo estable utilizar osrecursos do contorno para favorecer a comprensión das interdependencias das persoas co medio natural e cultural; ademais permiten a participación na mellora dos problemas ambientais.

Profesionais da Educación Ambiental?

Xulio Gutiérrez Roger

Caderno nº 13 - Educación Ambiental en Galiza

Páx.43 - 46

Iniciamos esta reflexión cunha interrogante porque os educadores e educadoras ambientais son, neste momento, arraianos que transitan por unha difusa fronteira entre o profesional e o diletante, entre o establecido e o emerxente entre o traballo voluntario e o remunerado. ¿Estamos, logo, ante unha nova profesión? ¿ou se trata aínda dunha ocupación?Unha das características propia das transicións é a incertidumbre. A profesionalización dos educadores e educadoras ambientais (ErAm) é un proceso imparable pero incerto e inzado de oportunidades e ameazas.Non está claro se o balance de perdas e ganancias da formalización dunha profesión tan vocacional como esta vai ser satisfactoria para todas as persoas que participan dela. Existe unha forte resistencia, tanto entre os teóricos como entre os practicantes da educación ambiental, apromover unha profesionalización no seu sentido máis clásico, o que conduciría inevitablemente á creación dunha titulación específica, homoxenización duns estudios iniciais, creación dun colexio profesional, etc. Pola contra, os ErAm considéranse a si mesmos como un colectivocun campo profesional específico e cuns sinais de identidade propios.

O Prestige, o poder da Educación Ambiental e nós

Pablo Ángel Meira Cartea

Caderno nº 13 - Educación Ambiental en Galiza

Páx.47 - 57

Quen traballamos no campo da Educación Ambiental (en adiante EA) levamos máis dunha década –dende o Cumio Ambiental de Río de Xaneiro de 1992- perseguindo, cal galgos nun canódromo, la lebre do Desenvolvemento Sostible. Non é esta unha figura retórica gratuíta.Como ben se sabe, os galgos nunca chegan a capturar a lebre que, ademais, non é tal aínda que o pareza. Os galgos creen saber porque corren –para capturar a lebre- pero realmente o fan para facilitar un negocio de apostas, parece ser, nada desprezable. Esta finalidade nunca é cuestionada polos seus principais protagonistas, obvia dicir que os galgos non teñen a capacidade de facelo, anque son os que pagan o pato cando non gañan (e eso acaba sucedendo tarde ou cedo).Tampouco teñen a posibilidade de optar por outro xogo ou por outro “campo” de xogo, dado que non depende da súa vontade o correr ou non. O seu mundo é un “canódromo” e nin sequera poden saber que ese mundo só é un entre outros posibles.Non sei si hai moitos ou poucos actores da EA que se identifiquen con esta metáfora ou, polo menos, que vexan nela elementos que describan seu papel ou o papel ó que parece estar abocada nas denominadas sociedades avanzadas.

ADEGA Cadernos
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:adega@adega.gal