ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / LUME: Andaina nocturna e observación de...

26-08-2022

LUME: Andaina nocturna e observación de estrelas Guldriz (Friol)

Este ano acudiremos ata Friol para observar o ceo nocturno na finca Rego Salgueiro, na parroquia de Guldriz. Esta finca acaba de ser cedida por unha socia a ADEGA na que se atopa a mámoa nº2 da necrópole Costa de Mera, que segundo a Asociación Patrimonio dos Ancares, é única na Galiza, pois conta cun gravado dun sol no dólmen.

Nun pequeno percorrido nocturno, chegaremos ata a medorra, onde poderemos observar o ceo e as estrelas sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan.

Fins Eirexas, secretario técnico de ADEGA, guiaranos un ano máis nesta actividade astronómica que comezará ás 23h e rematará aproximadamente ás 2h. 

Coordinaranse coches para chegar ao punto de encontro, polo que á hora de facer a inscrición é preciso indicar se tes ou non coche, e a posibilidade de compartilo. 

Os días previos a actividade indicarase o punto de encontro e toda a información necesaria.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal