ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Homenaxe a Carlos Parrado no Día da...

14-08-2022

Homenaxe a Carlos Parrado no Día da Memoria

Como en anos anteriores, a Fundación Eira celebrará o Día da Memoria en lembranza dos que padeceron a represión que aconteceu nos anos que seguiron á Guerra do 36. Sería o vindeiro domingo, 14 de agosto na Eira da Xoana (Ramil, Agolada).

E, como noutros anos, comenzaremos as 12 horas en Saa, na estrada que vai dende Melide a Palas de Rei, no monumento en recordo dos que alí tiraron despois de asasinalos. Logo farase o percorrido polos lugares onde están as placas que recollen os nomes doutros veciños da zona que foron perseguidos e masacrados.

O xantar na Eira da Xoana é aberto para as persoas que queiran compartir o que traian para comer.

Ás 17 horas comenzaremos coa homenaxe ao noso amigo, compañeiro e historiador CARLOS PARRADO que, infelizmente, nos deixou o ano pasado.

A homenaxe comenzará cun vídeo que se realizou pensando en reafirmar a súa memoria para que quede por sempre entre os homes e mulleres de ben deste País.

Agardamos a túa presenza!

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal