ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Plantación participativa de árbores...

02-10-2021

Plantación participativa de árbores no río Vilameá

O sábado día 2 de outubro, dende o Proxecto Ríos, realizaremos unha actividade de voluntariado ambiental de reforestación participativa no río Vilameá, en colaboración coa CMVMC Riocaldo e a Confederación Hidrográfica MIño-Sil.
A actividade dará comezo coa presentación da acción no Centro de Interpretación do Parque Natural do Xurés, que colabora tamén coa iniciativa, para a continuación desenvolver a actividade de plantación nas marxes do río Vilameá en Lobios.
O programa será:
10:30 Presentación da activiade (CI do PN do Xurés en Lobios)
11:00 Saída para o río Vilameá e plantación
15:00 Xantar
16:00 Remate dos traballos e paseo polo río Vilameá

A actividade é gratuíta e será preciso inscribirse:
ramses@adega.gal
616 238 050

O voluntariado terá cuberta a manutención e contará cun seguro de accidentes, así como coa ferramenta axeitada para plantación.
A actividade durará toda a mañá e parte da tarde.

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal