ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / XXXIII Xornada de Formación do Proxecto...

25-09-2021

XXXIII Xornada de Formación do Proxecto Ríos

Durante as campañas de inspección de ríos o Proxecto Ríos desenvolve cursos de formación para fornecer ao voluntariado participante na metodoloxía de recollida e na identificación de macroinvertebrados, animais bioindicadores que empregamos para determinar a calidade ecolóxica do río. O curso de formación de outono de 2021 realizarase no IES de Brión no concello de Brión o sábado 25 de setembro de 2021
Ademais, trátanse outros aspectos de interese sobre os ríos, das actividades programadas e do estado do Proxecto Ríos. O Programa provisional é:
10.30 Chegada e entrega de material
10.45 Estado do Proxecto Ríos
11.15 App do Proxecto Ríos, Adrián Lamosa
12.30 Identificación de macroinvertebrados no laboratorio.
14.30 Clausura do curso
Se estás interesado/a en participar, anótate!
Teléfono: 616 238 050

e-mail: ramses@adega.gal

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal