ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Voluntariado ambiental en Porto do Son

19-07-2012

Voluntariado ambiental en Porto do Son

Voluntariado ambiental en Porto do Son

O xoves 19 de xullo, ADEGA organiza unha xornada de voluntariado ambiental na praia da Areas Longas no concello de Porto do Son, co cal ADEGA ven de firmar un convenio de Custodia litoral para a preservación dos valores naturais deste concello. 

Esta praia posúe un ecosistema dunar ben conservado, e dúas lagoas litorais (pertencentes ao Complexo Húmido de Corrubedo) nas que xa se traballou anteriomente en campos de voluntariado do mesmo tipo (Móllate polos Humidais).

Os protocolos de eliminación de invasoras recomendan traballar continuadamente (un mínimo de 3 a 5 anos) para acadar bos resultados, é por iso que será a terceira vez que un grupo de voluntariado se desprace a este paraxe para conseguir frear a ameaza das especies invasoras.

Programa da xornada:

  • 9.00h Saída dende Santiago de Compostela             
  • 10.00 Chegada á praia de Areas Longas (Porto do Son)
  • 10.15 Presentación da actividade
  • 10.40 Roteiro pola Praia e as lagoas
  • 12.00 Comezo dos traballos de eliminación e limpeza
  • 14.30 Xantar
  • 16.00 Continuación dos traballos
  • 18.30 Remate dos traballos, toma de datos e foto de grupo
  • 19.00 Regreso

Esta é unha actividade gratuíta onde o voluntariado contará con seguro de accidentes, alén de ter cubertos os gastos de transporte (dende Compostela) e comida. As voluntarias e os voluntarios que queiran participar en calquera das dúas xornadas poden apuntarse ou pedir información no seguinte enderezo.

Máis info:
Lucía Parente
Email: lucia@adega.gal
Tlf: 981 57 00 99

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal