ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Roteiro ao Pedregal de Irimia: nacemento libre

25-10-2020

Roteiro ao Pedregal de Irimia: nacemento libre

Este domingo 25 de outubro, damos comezo ao novo curso 2020/21 co programa de roteiros "Augas Vivas, as bacías do Miño e do Sil". Imos ata a Serra de Meira, ao berce do Río Miño. Existen varias opinións sobre o nacemento do río Miño, se no Pedregal de Irimia ou dende a Fonte Miña. O debate estará servido nesta xornada. 

Partiremos da man do guía Eloi Villada dende O Pedregal de Irimia, baixaremos xunto ao cauce, ata o Porto da Pena, e seguiremos ata a Fonte Miñá ou Fonte da Barxa. Dende eiquí subiremos ata o Castro de Baltar, onde a altura permitiranos contemplar unha gran panorámica da Terra Chá. 

O percorrido ten unha lonxitude aproximada duns 10 Km, sendo a dificultade Media.

Prevención COVID

Para evitar a propagación da COVID e en cumplimento das novas medidas publicadas o día 22 de outubro de 2020 no DOG, será preciso cumplir o protocolo deseñado para os roteiros.

Reserva a túa praza!

Na propia web de Roteiros de ADEGA-Lugo irase  actualizando toda a información relativa a cada saída e as indicacións para formalizar a túa reserva. 

As persoas que estean interesadas en reservar praza, terano que facer a través do formulario de reserva antes das 14:00 do venres anterior ao roteiro. Cubriranse as prazas por orde de inscrición.

Os roteiros de ADEGA-Lugo están abertos á participación de público de todas as idades aínda que os socios e socias de ADEGA gozarán de desconto no prezo, así como as persoas que están estudando, en situación de desemprego ou os menores de 14 anos. 

saída do autobús terá lugar ás 8.00 ou ás 9.00 horas da mañá, dependendo da proximidade do destino, dende o Edificio de Sindicatos en Ronda da Muralla, 58 ou fronte á Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, na Avenida de Ramón Ferreiro.

Os roteiros serán de xornada completa. Recoméndase ás participantes levar roupa e calzado axeitados e viandas para o camiño.

Para máis información, tamén se pode chamar aos teléfonos 982240299 (local) ou 677800293 (Lucía).

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal