ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Posto informativo de ADEGA no Festival 27373 de...

10-08-2019

Posto informativo de ADEGA no Festival 27373 de Begonte

A delegación de ADEGA en Lugo terá este sábado día 10 de agosto, durante todo o día, un posto informativo no Festival 27373 de Begonte, que por oitava ocasión consecutiva organiza a asociación cultural begontesa Castiñeiro Milenario. 

Ao igual que anteriormente no Festival da Chaira da Pastoriza ou o pasado fin de semana no emblemático Festival de Pardiñas de Guitiriz, ADEGA-Lugo informará durante todo o día sobre as actividades e propostas que desenvolve ao longo do ano en defensa do ambiente galego. A seguinte parada, despois de Begonte, será o vindeiro sábado 31 no Festival Agrocuir de Monterroso.

As persoas que se acheguen ao posto de ADEGA poderán recibir información sobre como asociarse e como colaborar nas distintas iniciativas e campañas que a asociación pon en marcha. 

No stand de ADEGA poderanse adquirir tamén algúns dos materiais que a asociación ten á venda: máis unha forma de colaborar economicamente connosco e axudar a facer posíbel o noso traballo. 

Agardamos a vosa visita!

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal