ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Móllate polos nosos ríos: VI...

29-09-2013

Móllate polos nosos ríos: VI limpeza simultánea

Queremos uns ríos limpos, queremos poder disfrutar dos nosos sistemas fluviais e queremos concienciar á sociedade da necesidade de que estes estean ben conservados. Se a túa entidade, concello, centro de ensino, etc. está interesado en participar nesta nova actuación ponte en contacto con nós: 981 57 00 99 / 616 238 050 (Ramsés). Mail: ramses@adega.gal. Información na web: http://limpeza.proxectorios.org

Grazas á colaboración de 50 entidades o pasado ano, estimamos que se retiraron máis de 10 Tn. de lixo de orixe diverso e participaron un total de 521 voluntarias/os de 34 concellos en toda Galicia. O máis importante é que ano tras ano conseguimos concienciar un pouco máis á sociedade da necesidade de manter limpos os nosos ríos de residuos como premisa para a conservación da súa saúde.

Este ano queremos volver a contar coa vosa axuda para levar a cabo a VI xornada de limpeza simultánea en ríos. Como en anos anteriores, o Proxecto Ríos entregará aos grupos participantes un protocolo para difundir a limpeza ecolóxica e respectuosa dos ecosistemas fluviais, ademais de editar cartaces divulgativos para cada zona cun teléfono de contacto para que se apunten as persoas que queiran participar e tamén repartiremos as tradicionais camisetas para o voluntariado.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal