ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Campo de Voluntariado Ambiental na Illa de...

Do 19-07-2023 ao 21-07-2023

Campo de Voluntariado Ambiental na Illa de Sálvora

Realizaremos labores eliminación manual de flora exótica invasora na Illa de Sálvora (Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas), eliminando manchas de Zantedeschia aethiopica e Phytolacca americana.

Tamén miraremos noutras zonas de traballo de anos pasados para eliminar os posibles rebrotes.

As persoas voluntarias terán cubertos os gastos de aloxamento e manutención, e contarán cun seguro de responsabilidade civil e accidentes. Tamén disporán da ferramenta axeitada para realizar as labores de eliminación.

As prazas son moi limitadas. É necesario inscribirse.


Esta xornada de educación, sensibilización e voluntariado ambiental conta co apoio do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico e a Xunta de Galicia no marco das axudas na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para os anos 2022 e 2023.



Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal