ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Realidade e perspectivas de futuro dos medios de...

10-10-2022

Realidade e perspectivas de futuro dos medios de comunicación en galego en soporte papel

O 10 de outubro terá lugar a xornada Realidade e perspectivas de futuro dos medios de comunicación en galego en soporte papel, promovida dende a Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega.

O encontro busca dar a coñecer e analizar a realidade actual dos medios de comunicación escritos en galego en formato papel, a súa resistencia e a súa adaptación nun contexto fortemente marcado pola dixitalización e pola crise económica.

A Revista Cerna, editada por ADEGA, terá espazo nesta xornada a través do relato do membro do Consello Redactor, Alberte Sánchez Regueiro, que falará da Supervivencia das publicacións especializadas: o caso de Cerna.

A xornada terá lugar no Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela, e para asistir será preciso inscribirse (difusion@consellodacultura.gal).


Máis información

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal