ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / ADEGA participa na palestra Xustiza...

20-09-2022

ADEGA participa na palestra Xustiza enerxética (Online)

O vindeiro martes día 20 de setembro ás 19h, ADEGA intervirá na palestra "Xustiza enerxética" xunto cos colectivos Ecoloxía Política de Palermo e Xuventude Activa Saharaui e que versará sobre a transición enerxética e os novos colonialismos.

Despois de ter participado no Climate Social Camp en Turín, con esta xornada preténdese poñer en común á situación das nosas comunidades que se atopan baixo o xugo de políticas extractivas e colonialistas "xustificadas" coa bandeira da transición enerxética.

A palestra será retransmitida en vivo a través do Instagram @juventudactivasaharaui.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal