Revista CERNA

Artigos de Cultura e patrimonio. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA

En perigo o patrimonio natural e cultural de Ferrol

Antón Fortuna

CERNA Nº 43 - -

Páx. 12-13

Neste artigo analizamos como perante diversas actuacións sobre o territorio e decisións sobre a ordenación do mesmo, Ferrol e a súa área está á sufrir un deterioro no mantemento do seu patrimonio cultural e natural coa xeración de múltiples polígonos empresariais. Por unha banda a Consellaría de Pol´tiica Territorial, o Concello de Ferrol e a Autoridade Portuaria Ferrol - San Cibrao, asinaron un convenio para a creación dunha plataforma de apoio loxístico ao sector empresarial. Esta afectaría a 1.000.000 metros cadrados dos 4,9 que posúe o Monte Cha. Outro frente aberto, son a creación de áreas similares arredor da Fraga da Pena e o río Freixeiro.En defensa destas áreas, constituíuse o Comité de Defensa Natural e Patrimonio dos Montes de Brión e de Leixa, que rexeita firmemente os proxectos promovendo o amparo cultural e natural desta zona.

As pesqueiras do Miño

Alberte Reboreda

CERNA Nº 43 - -

Páx. 30-31

As pesqueiras ou pescos son un tipo de construcción presente nos grandes ríos de Galiza (Tambre, Ulla, Miño...). A empresa Unión Fenosa, concesionaria de moitos dos encoros construídos no noso país desde a ditadura, anegou boa parte dos pescos situados no Tambre coa construción do encoro Barrié de la Maza. Así mesmo, unha de cada tres pesqueiras do Miño desapareceron para sempre pola construción dos encoros de Frieira, Castrelo do Miño, Velle, Os Peares e Belesar. A construcción de tres novas presas no Baixo Miño traería consigo o asolagamento e destrución dun patrimonio natural e cultural dun valor excepcional. As pesqueiras, pezas clave deste patrimonio tamén se verían afectadas gravemente.

A cultura coma ficción política

Carlos Santiago

CERNA Nº 42 - -

Páx. 45-48

O autor analiza a situación actual do noso país, desde unha perspectiva da necesidade ecolóxica de cambio e movemento continúo, para sair da etapa fósil na que se atopa a nosa matria. Unha falsa democracia, un levantamento moi lento das revolucións sociais, a cultura do chamado minifundio mental, a transfiguración do xugo e das frechas no emblema máis actual do asfalto e do ladrillo, entre un longo etcétera que será analizado no artigo que segue.

Faixas de protección do patrimonio no monte

Antón Bouzas e Colectivo A Rula

CERNA Nº 77 - Abonda xa de eucalipto!

Páx. 20-23

Os incendios forestais do verán de 2016 afectaron gravemente a moitas áreas de petróglifos galegos. Este rico patrimonio cultural está enserio risco de desaparición, así como os miles de castros e mámoas espalladas polos nosos montes, que tamén están en estado deabandono. Neste artigo faise unha proposta de creación de faixas de protección que implicaría a salvagarda da meirande parte do Patrimoniogalego que hai nos nosos montes e que desmente a idea de que este reto é inviable no noso país.

Cova Eirós e seu contorno: longa página da história humana

Adela Figueroa Panisse

CERNA Nº 77 - Abonda xa de eucalipto!

Páx. 24-26

Depois duma longa luta de ADEGA de mais de 8 anos, a Xunta acorda declarar BIC na categoria de Monumento e abre a ex-posição publica o expediente relativo a Cova Eirós. Um fito a celebrar, mas a luta continua e ADEGA xa apresentou alegaçõesao projeto visando a sua melhora.

NATUREZA E LITERATURA: Cantgas satíricas medievais e natureza

Emilio Xosé Insua

CERNA Nº 7 - -

Páx. 30-31

Este artigo pon de manifesto a presenza da natureza nas cantigas de escarnio e maldicir, menos estudadas que as de amor e amigo, mais teñen unha maior riqueza.

Revista CERNA
Travesa de Basquiños, nº 9 baixo. 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal