Revista CERNA

Artigos de Entrevistas. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA

Miguel A. Fdez Flores, Alcalde de Pontevedra

CERNA

CERNA Nº 30 - -

Entrevista ao alcalde de Pontevedra sobre a temática ambiental na cidade.

A cidade sen o meu coche

Xosé Veiras García

CERNA Nº 33 - -

Páx. 28-29

O 22 de Setembro de cada ano ven-se celebrando en diferentes cidades europeas o día de A Cidade Sen o Meu Coche, na Galiza, todas as cidades agás Ourense, xuntamente coa vila de Ortigueira, sumarán-se este ano á dita celebración, para o cal veñen traballando dende hai meses. Asimesmo, nalgunhas destas cidades realizarán-se medidas dos resultados, en canto a reducións na contaminación e no ruído. O ano pasado participaron só tres cidades galegas: A Coruña, Lugo e Pontevedra. Cerna puxo-se en contacto con estes concellos, para termos unha avaliación desa xornada e dos enfoques que lle van dar este ano. Entrevistamos ás personas responsábeis das respectivas concelleiras de Medio Ambiente.

Entrevista a Marta Domínguez: Uso do compost nos solos galegos

CERNA / MSC

CERNA Nº 40 - Especies invasoras

Páx. 13-15

Marta Domínguez defendeu o pasado Setembro a súa tese de doutoramento, titulada "Avaliación do compost como emenda orgánica de solos de cultivo de Galicia" e dirixida pola profesora María Teresa Barral e o catedrático Franscisco Díaz-Fierros. Os beneficios agro-ambientais do compost derívanse tanto da relativa carencia de materia orgánica nos solos galegos como do seu poder fertilizante, ao tempo que a recollida selectiva da fracción orgánica do lixo, amósase suficiente para limitar a presencia de contaminantes no mesmo. Con esta investigación facilítase a comercialziación do compost e ponse de manifesto a necesidade de analíticas químicas antes do seu uso, e se avance na implementación de residuos orgánicos e de fertilización agraria, e ofrecen argumentos ás entidades públicas e privadas que obran pola reciclaxe da materia orgánica.

Entrevista a Francisco Carracedo: O medio ambiente no concello de Ames

CERNA

CERNA Nº 40 - Especies invasoras

Páx. 20-21

Despois do proceso electoral do pasado Maio, novas persoas se puxeron ao cargo da xestión ambiental dalgúns concellos, e con elas aparecen no horizonte novos programas de actuación e posibilidades de avanzar na xestión ambiental, afianzando unha vía que nalgúns casos xa se iniciara tras os comicios de 1999. Este é o caso do Concello de Ames, onde un pacto de goberno entre o PSOE e o BNG provocou un cambio radical nas políticas que se viñan aplicando. Ao frente da concellería de Medio Ambiente está Francisco Carracedo Doce, con quen CERNA mantivo esta conversa.

Entrevista a Ramón Varela

Xosé Veiras

CERNA Nº 43 - -

Páx. 36-37

Ramón Varela, doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade Autónoma de Madrid e presidente de ADEGA entre 1981 e 1996, den de publicar "Contaminación atmosférica en Galiza". Este libro, un inventario de emisións de gases de efecto invernadoiro, acidificantes e dioxinas, mostra como as emisións contaminantes á atmosfera no noso país son moi elevadas, superiores ás que corresponderían ao noso nivel de industrialización e ao noso nivel de vida. Por exemplo, as emisións de dióxido de carbono por quilómetro cadrado duplican ás do conxunto do estado español. As centrais térmicas de carbón das Pontes e de Meirama explican este proceso.

Entrevista a Purificación Morandeira, comisionaria para o Prestige

CERNA

CERNA Nº 42 - -

Páx. 28-29

Purificación Morandeira, leva traballando desde o inicio da catástrofe do Prestige no Comisionado que o anterior Goberno creou ao efecto, do que era o número 2 da área de Medio Ambiente. Agora, co novo Goberno socialista, accedeu á dirección da Oficina do Comisionado. É polo tanto unha referencia para termos unha visión global de como se xestionou e como se xestiona o "post-Prestige". En resposta ás preguntas de CERNA, Purificación valora o labora da oficina do Comisionado e a seguridade marítima das costas galegas.

Revista CERNA
Travesa de Basquiños, nº 9 baixo. 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal