Revista CERNA

Artigos de Flora e fauna de Galiza. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA

O elegante cornudo e a xibardeira

Xosé Salvadores e Marga Miguens

CERNA Nº 82 - Emerxencia cinexética

Páx. 42-43

Xosé Salvadores fai homenaxe aos "grandes cornudos" do monte galego, os cervos. Nun novo capitulo de flora, Miguens describe a xilbardeira, tamén coñecida como rascacú.

O enfinxe colibrí e o érbedo

Xosé Salvadores e Marga Miguens

CERNA Nº 81 - Emerxencia climática

Páx. 34-35

Todos son alifafes!, é como titula Xosé Salvadores o seu conto do tío-vivo dedicado ao declive dos insectos. Marga Miguens dedícalle este número ao Arbustus unedo ou érbedo.

Os mamíferos nas Fragas do Mandeo (e II)

VV.AA

CERNA Nº 29 - -

Páx. 28-30

Este artigo e continuación do iniciado no número anterior sobre os mamíferos das Fragas do Mandeo, no que fixemos unha descripción xeral dos valores e situación destas Fragas. Despois de observa-los animais presentes en Chelo, constátase que se trata dun lugar cunha grande importancia faunística a tódolos niveis, agás pola falta de grandes vertebrados (feito evidente dada a situación e uso da zona). Sinalamos no número anterior a rica fauna de mustélidos que atopa refuxio nesta área. Tamén é importante a existencia do rinolofo grande e do leirón careto especies moi pouco estudiadas.

A cerdeira brava

Xacobe Feijoo Lamas

CERNA Nº 30 - -

Páx. 12-13

A cerdeira brava, prunus avium, é unha árbore de talla media a grande, xa que acada os 25 m. Xunto coa nogueira e o castiñeiro, forma o trío das frondosas autóctonas caducifolias das que se obteñen produccións de maior calidade e valoración no mercado. Ó igual ca elas, ten posibilidade de aproveitamento mixto o froito e madeira.

As aves nidificantes ameazadas da Galiza

Xabier Vázquez Pumariño

CERNA Nº 34 - -

Páx. 29-32

As aves son chamativas e o seu estudio e a observación é relativamente fácil. Son unha magnífica porta de entrada á natureza, o que equivale a dicir, en certo modo, que son uns excelentes indicadores ambientais: permítennos detectar cambios ambientais e avalialos de xeito sinxelo, rápido e eficaz. Existen miles de exemplos ó respecto, un moi coñecido é a sensibilidade dos falcóns peregríns (Falco peregrinus) a determinados pesticidas. De aí que o coñecemento do estado das poboacións das aves teña unha trascendencia que supera con moito o mero interese por preservar unha serie de especies. Moitas especies de aves nidificantes na nosa terra áchanse nunha situación delicada e algunhas mesmo poderían extinguirse a curto prazo.

A apertura da pesca

Xabier Vázquez Pumariño

CERNA Nº 38 - -

Páx. 27

Analizamos a temeridade que supón a apertura da pesca e marisqueo, xa comentada polas diferentes cofradías espalladas por todo o país. ADEGA, manifesta a súa postura empregando 4 alicerces que sustentan os seus argumentos.

Revista CERNA
Travesa de Basquiños, nº 9 baixo. 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal