Páx. 38-39
Segundo declarou James Lovelock nunha entrevista concedida á BBC en Xuño de 2004, o cambio climático, a forma de aquecemento global do noso Planeta, está xa instalado entre nós. O Painel Internacional sobre a Mudanza Clima´tica, a autoridade científica mundial na materia, mostrou que, ao analisar un período que abarca os últimos mil anos, apenas durante os últimos 150 o padrón do clima mostra un repentino aquecemento. No día de hoxe o dano é tan serio que "mesmo deténdonosa queima dos combustíbeis fósiles o aquecemento aínda iría continuar por outros 50 anos", asegura Lovelock, quen defende o recurso á enerxía nuclear para previr o cambio climático.
Páx. 24-25
O pasado 15 de Junho, a economista Yolanda Zotes defendeu na Facultade de Económicas da USC umha interessante tese de licenciatura. Intitulada "Revisióm Crítica das Fontes Estatísticas do Sector Eléctrico, Ano 2000. O Balance Eléctrico de Galiza", nela revisarom-se os dados do sector eléctrico galego no ano 2000. As diferentes conclusons obtidas pola investigadora tenhem um grande interesse social e representam novos argumentos a favor dumha reformulaçom da política eléctrica no nosso país.
CERNA Nº 44 - Ríos: non máis encoros
Páx. 36-37
Nos fogares, lugares de estudo, traballo ou lecer, e calquera espazo que habitamos, empregamos enerxía sen reparar nela a maior parte das veces - ate que nos falta - sendo o seu uso pouco eficiente. Demandar unha produción eficiente, conter o gasto excesivo e un consumo responsábel serán algunhas cuestións a tratar neste artigo.
CERNA Nº 46 - Especial: A pegada ecolóxica de Galiza
Páx. 20
En Decembro de 1997 asinábase o chamado protocolo de Quioto no que os países industrializados se comprometían a reducir, durante o período 2008-2012, as emisións de gases de efecto invernadoiro 1 nun 5,2% por debaixo do nivel alcanzado en 1990. Coa ratificación en Novembro de 2004 do Protocolo por parte de Rusia, este entra en vigor 90 días despois, en Febreiro de 2005. Observando o panorama actual, cunhas taxas moi superiores de contaminación esperadas, cómpre dar resposta á necesidade de xerar obxectivos drásticos e urxentes. Presionar á administración e á opinión pública.
Páx. 37-38
O debate sobre a enerxía nuclear xira, como antano, arredor dos riscos para a poboación e o impacto ambiental que estas instalacións ocasionan, ademais da súa pouco clara economía e de contar con problemas irresolúbeis, como o dos residuos radiactivos. Porén, o debate dáse agora nun novo esce nario, marcado polas alarmantes consecuencias do cambio climático. Considerado por algúns como unha inestimábel axuda ao repuntamento nuclear, para outros, o debate da cuestión enerxética debe ser máis amplo e debe tomar en consideración enerxías como a eólica ou a solar. hoxe ca cunha viabilidade constrastada, así como o potencial para o aforro e a eficiencia enerxética.
Páx. 39
ADEGA é partidaria do aumento da participación da enerxía eólica na produción enerxética, sempre no marco dunha política enerxética sustentábel e equitativa que priorice o aforro, a suficiencia e a eficiencia enerxéticas. As renovábeis deben substituír progresivamente a aqueloutras fontes que consumen recursos finitos e son máis contaminantes.Porén, no actual contexto non podemos apoiar o Plano Eólico de Galiza en vigor. O goberno anterior obrou o prodixio de converter unha enerxía de baixo impacto ambiental nun factor importante de deterioración dos espazos naturais máis valiosos da nosa terra, como teñen constatado a inmensa maioría dos estudosos da nosa natureza.