Cerna, revista galega de ecoloxía e medio ambiente de ADEGA, Asociación para a defensa ecolóxica de Galicia. Democrática, independente e sen ánimo de lucro, traballa en defensa do medio ambiente galego e global do que depende a nosa calidade de vida dende hai máis de 25 anos. " />
CERNA Nº 44 - Ríos: non máis encoros
Páx. 34-35
No lugar de Liñares coñecen o lugar como a Freixa. Aquele lugar tiña uns accesos difíciles e abandonados. As visitas eran só de amantes da natureza e ao sumo algúns pescadores. A pesares do seu valor natural, paisaxístico ou de ocio, a presencia de persoas era case que nula. Nos últimos anos, a presión hidroeléctrica fixo reaccionar á poboación local, que se mobilizou para dar a coñecer os importantes valores naturais e paisaxísticos. Mais os proxectos seguen adiante: as tres centrais en funcionamento súmanse oito novas xa aprobadas e dúas en trámite.
CERNA Nº 45 - Entrevista e Manuel Vázquez conselleiro de Medio Ambiente
Páx. 24
Esta primavera ADEGA botou á andar o Proxecto Ríos, un programa de Educación Ambiental baseado na participación cidadá que fomenta o estudo e conservación dos ecosistemas fluviais. A participación concrétase na realización de inspeccións e seguemento de treitos de río escollidos polos/as voluntarios/as. A campaña de outono iniciarase o 15 de Setembro e reamatará o 1 de Novembro.
CERNA Nº 46 - Especial: A pegada ecolóxica de Galiza
Páx. 8
ADEGA -Ourense, ven traballando desde o 2005 en prol da protección do río Támega en contra do proxecto de ampliación do polígono industrial de Pazos (Verín), que afectaría a un dos mellores bosques fluviais da comarca de Monterrei. Gozando esta área, para máis inri, da protección oficial outorgada pola Rede Natura 2000, denominada a zona coma LIC Río Támega.
CERNA Nº 46 - Especial: A pegada ecolóxica de Galiza
Páx. 21
O día 25 de Novembro de 2005 tivo lugar no concello de Ames o primeiro encontro de voluntariado do Proxecto Ríos, contando coa asistencia dunhas 50 voluntarias. Neste encontro, tivo lugar un marco de debate arredor da presenza de personalidades da vida política -tales coma Jorge Antonio Santiso, Secretario Xeral de Medio Ambiente ou Carlos Fernandez ex-concelleiro de medio ambiente- así coma outras vencelladas ao mundo académico -coma o profesor de Educación Ambiental da USC, Pablo Ángel Meira Cartea. Tras este encontro, o Proxecto Ríos continúa coa súa campaña de Primavera, entrando no seu segundo ano de andaina.
CERNA Nº 46 - Especial: A pegada ecolóxica de Galiza
Páx. 22-23
O pasado mes de Novembro a Consellería de Medio Ambiente, anunciou unha serie de medidas relacionadas cos aproveitamentos hidroeléctricos. Nestas medidas atopamos cuestións coma a derrogación do Plano Sectorial Hidroeléctrico, a suspensión - mentres non se revise ese Plano- de 46 minicentrais concedidas polo anterior goberno e a negociación coas empresas propietarias de aproveitamentos xa concedidos pero aínda sen iniciar as obras, para poder chegar a acordos puntuais con elas co fin de rescatar estas concesións.
CERNA Nº 47 - Especial: S.O.S abellas
Páx. 10-16
A Xornada en defensa dos ríos galegos celebrada o pasado 28 de Xaneiro en Santiago, organizada pola Comisión promotora da Iniciativa Lexislativa Popular en defensa dos ríos, serviu para expoñer publicamente a precaria situación das concas galegas desde diferentes perspectivas. Nela participaron representantes do eido político, científico, ecoloxista e cultural de Galiza que apoiaron abertamente o texto da ILP, debatido posteriormente no Parlamento Galego.