Cerna, revista galega de ecoloxía e medio ambiente de ADEGA, Asociación para a defensa ecolóxica de Galicia. Democrática, independente e sen ánimo de lucro, traballa en defensa do medio ambiente galego e global do que depende a nosa calidade de vida dende hai máis de 25 anos. " /> Cerna, revista galega de ecoloxía e medio ambiente de ADEGA, Asociación para a defensa ecolóxica de Galicia. Democrática, independente e sen ánimo de lucro, traballa en defensa do medio ambiente galego e global do que depende a nosa calidade de vida dende hai máis de 25 anos. " />

Artigos de Auga e ríos. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA.

ACTUALIDADE: Praias. A cualidade das augas de baño

Cerna/Redacción

CERNA Nº 18 - -

Páx. 2-3

Como tódolos anos a Consellería de Sanidade fai público un informe sobre a calidade das augas nas praias galegas, tanto as de litoral como as fluviais. No artigo analízanse entre outras cousas, os criterios que se empregan para dotar a unha praia da bandeira azul e as accións de educación ambiental que se poden levar a cabo para resolver os problemas de mala calidade das augas.

Contaminación de solos e augas pola agricultura

Roxelio Pérez Moreira

CERNA Nº 19 - -

Páx. 14-18

Ata moi recentemente apenas existía preocupación algunha polos problemas da contaminación do solo, dun xeito equivalente ás manifestas preocupacións polos casos de contaminación atmosféricas ou das augas. Aínda así, a inquedanza actual por esta contaminación, crecenta na última década, non é debida á preocupación polo solo en sí, senón sobre todo polos riscos que se poderían derivar para a contaminación dos cursos de auga e dos acuíferos.

ACTUALIDADE: Vinte ecoloxistas xuzgados por coaccións

CERNA Nº 20 - -

Páx. 6

Vinte membros da Plataforma pola Defensa do Miño compareceron ante o Xulgado do Penal de Lugo acusados de delitos de coaccións por paralizar no verán de 1995 as obras de movementos de terra ó carón do Miño, destinadas a ser privatizadas a favor dun Recinto Feiral que supoñía un atentado contra ó medio. O xuízo non se chegou a celebrar coa retirada dos cargos por parte do Ministerio Fiscal aínda que houbo una sanción monetaria.

Doce encoros ameazan o río Ulla

Xoán Louzao Rodríguez

CERNA Nº 27 - -

Páx. 18-21

O río Ulla é, despois do Miño-Sil, o río máis importante de Galiza. Foi, xunto co Eo, um dos principais ríos salmoneiros, pero a presa de Portodemouros converteuse nunha barreira infranqueábel para estas e outras especies migratorias, ademais de incidir no clima da zona e no seu desenvolvemento socioeconómico. Con este precedente, a noticia de que Unión Fenosa pretendía construír 12 novas presas no río, xerou oposición.

Proxecto Run4life: tecnoloxías ambientais e aceptación social

José Manuel Sabucedo e Cristina Gómez-Román

CERNA Nº 82 - Emerxencia cinexética

Páx. 36-39

O cambio cara un paradigma ecocéntrico só pode facerse realidade grazas ao enmarcado da cuestión ambiental que fixeron persoas activistas e do mundo científico. Esta problematización do tema ambiental é crítica para que a poboación adquira comportamentos ambientalmente responsables e acepte tecnoloxías que buscan a promoción da sustentabilidade. O proxecto RUN4LIFE é unha solución tecnolóxica para a xestión das augas residuais que promove a economía circular posibilitando a reutilización da auga e a recuperación de nutrientes para a produción de fertilizantes.

Living River: coidando e protexendo a vida e cultura ao redor dos ríos e regatos

Itziar Díaz Feijóo

CERNA Nº 81 - Emerxencia climática

Páx. 33

O Linving River é un proxecto internacional financiado polo programa europeo de Erasmus+ que pretende dar relevancia a nivel científico e pedagóxico ao coidado dos ríos e ao seu papel nos eidos social e cultural. Actualmente, os sistemas fluviais son dos ecosistemas máis degradados do planeta, carrexando consigo a perda de biodiversidade. Mais, tamén, a súa degradación leva asociada a perda dunha serie de estruturas, actividades culturais e sociais, e incluso xogos, que van esmorecendo. O estudo e a concienciación sobre os ríos e regatos e o intercambio cultural son as chaves para acadar os obxectivos do Living River, no que participa Galiza a través de ADEGA e do IES Ribeira de Louro.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal