Cerna, revista galega de ecoloxía e medio ambiente de ADEGA, Asociación para a defensa ecolóxica de Galicia. Democrática, independente e sen ánimo de lucro, traballa en defensa do medio ambiente galego e global do que depende a nosa calidade de vida dende hai máis de 25 anos. " />
Páx. 14-15
O posicionamento de ADEGA en contra deste encoro xa comenzou nas alegacións presentadas no ano 93 ás directrices do Plano Hidrolóxico, onde se opuña ás barraxens proxectadas. Desde entón ADEGA tense manifestado reiteradamente en contra do encoro de Caldas en diferentes notas de prensa, así como tamén llo ten comunicado ás Coordinadoras Antiencoros.
Páx. 3
- As augas de baño na Galiza. A Consellería de Sanidade ven de facer público o resultado do Programa de Control e Vixianza Sanitaria das Zonas Naturais de Baño. Os positivos datos das praias mariñas contrastan có estado deficiente da maioría das augas fluviais.- Vertidos e urbanización contra o río Miño. Parece incomprensible que nunha conca sen nengún núcleo industrial, a auga do Miño chegue a Lugo inservible para a potabilización.
Páx. 5
Viciños e ecoloxistas esixen o saneamento integral no río. Ademáis inclúese un artigo referido á segunda campaña Coastwatch en Galicia, que se iniciou no ano 87 en Dublín e que xa conta coa participación de 21 países europeos.
Páx. 7
O sábado 23 de setembro tivo lugar en Pamplona unha manifestación contra o proxectado encoro de Itoiz, na que participaron colectivos procedentes de diferentes zonas do Estado Español, en protesta pola política hidrolóxica do goberno central e dalgunhas comunidades autónomas, baseada na construcción de numerosos encoros e trasvases.
Páx. 36-37
Análise do impacto e problemas que suporía a construcción dun encoro nesta zona.