CERNA Nº 73 - O decaemento do ameneiro
Páx. 13-16
Os espazos naturais de todo o Estado reciben actualmente uns 40 millóns de visitantes ao ano. O turismo de natureza sufriu un incremento exponencial nos últimos anos que aínda excede do 20% anual hoxe en día. Porén, estes espazos aínda carecen de instrumentos ou ferramentas de planificación que permitan xestionar satisfactoriamente o ascendente fluxo turístico e, ao mesmo tempo, evitar prexuízos irreversíbeis nos seus valores naturais e patrimoniais. EUROPARC-España creou en 2014 a primeira publicación española que aborda o concepto “capacidade de acollida” do uso público en espazos naturais protexidos e o método para calculala. Este manual foi un dos seguidos polos técnicos da Xunta para determinar a capacidade de acollida de uso público do Monumento Natural Praia das Catedrais, de Ribadeo.
CERNA Nº 73 - O decaemento do ameneiro
Páx. 17-18
A importancia ecolóxica dos bosques de ribeira é ben coñecida. Porén, ese hábitat sufriu graves perturbacións desde mediadosdo século pasado como consecuencia da regulación das bacías fluviais, se ben foi nas últimas dúas décadas cando o Estado español asistiu a un decaemento progresivo dos seus ameneirais. Esta patoloxía foi inicialmente atribuída ao patóxeno Phytophthora alni, o cal se estendeu por todo o continente europeo. Sen embargo, estudos máis recentes demostraron que outro patóxeno do mesmo xénero P. plurivora tamén podería estar implicado no decaemento das masas.
CERNA Nº 73 - O decaemento do ameneiro
Páx. 19-21
Os bosques de ribeira encóntranse gravemente ameazados pola enfermidade da podremia da raíz e do colar dos ameneiros causada polo fungo Phytophthoraalni. A enfermidade, para a que de momento non se coñece solución, detectouse nas catro provincias galegas e témese que no prazo de 10-20 anos os amieirais dos nosos ríos poidan desaparecer. Mediante a técnica de micropropagación polo cultivo de xemas axilares e a embrioxénese somática, os autores propoñen solucións biotecnolóxicas a este grave problema.
CERNA Nº 71 - Outra xestión do lixo é posíbel
Páx. 23-25
As diversas especies de cetáceos odontocetos do Noroeste peninsular teñen unha área de distribución diferente, pero as súas similares características eco-biolóxicas, xunto coa limitada superficie da plataforma continental, fan que xurdan interrogantes respecto da convivencia e da relación entre as diferentes especies nun mesmo espazo. A convivencia ou coexistencia sería posible se tivese lugar unha segregación dos seus nichos ecolóxicos, evitando a competencia entre as especies polos recursos e polo hábitat, isto é o que se trata de comprobar con esta investigación da CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños), cuxos resultados se resumen neste artigo.
CERNA Nº 70 - Reforma eléctrica contra as enerxías renovábeis
Páx. 32-35
En Galiza hai polo menos 521 especies exóticas inventariadas, a maioría delas de orixe terrestre. Pero, no mar, que sucede no mar? Alguén podería nomear unha soa especie exótica mariña? Existe un grande descoñecemento do número de especies exóticas mariñas e das alteracións que están a provocar sobre os ecosistemas nativos de Galiza. Este artigo ofrece algo de luz a esta incógnita.
CERNA Nº 69 - Charcas con Vida: os pequenos humidais na túa man
Páx. 39-40
Campos de fútbol, centros de ensino, polígonos industriais, estradas, campus universitarios, estaleiros e outras moitas infraestruturas teñen sido construídas sobre humidais. Outro tanto ten sucedido con ecosistemas de menor tamaño como lagoas, charcas ou pozas. A desaparición destes lugares contribúe ao empobrecemento da nosa paisaxe, á extinción de comunidadesde flora e fauna, e á perda dos beneficios ecosistémicos que nos ofrecen.